Felipe Castro Valladares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Felipe Castro Valladares
Nacemento1900
Lugar de nacementoSabucedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Felipe Castro Valladares, nado en Sabucedo (A Estrada) en 1900, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi xefe de milicias (1938) e despois xefe local de Falange Española Tradicionalista y de las JONS da Estrada. Foi deputado provincial polo distrito A Cañiza-Ponteareas en 1938. Foi nomeado alcalde da Estrada o 1 de febreiro de 1940 e renunciou o 16 de maio dese ano, por converterse en Recadador municipal. Foi concelleiro na Estrada en 1951 como representante do terzo sindical.


Predecesor:
Jaime Aguilar Polo
 
Alcalde da Estrada
 
1940
Sucesor:
Miguel de la Calle Sáenz

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]