Felicitas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Felicitas, no reverso dunha moeda.

Felicitas, na mitoloxía romana, era a deusa ou personificación da boa sorte ou do éxito. Desempeñou un papel importante na relixión romana durante a etapa do imperio, adoitando estar representada nas moedas da época. Converteuse nun prominente símbolo da riqueza e mais da prosperidade do Imperio romano.