Felibrige

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Felibrige (norma mistraliana), Felibritge (norma clásica), é unha asociación literaria fundada en 1854 informalmente por seis escritores -entre eles Frédéric Mistral, Joseph Roumanille e Théodore Aubanel- co propósito de fomentar e restaurar o provenzal que entendían como o conxunto da lingua occitana[1]. Non obstante non foi ata 1876 cando a organización se constituíu formalmente[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lou Tresor dóu Felibrige ou Dictionaire Provençal-Français de Mistral levaba o subtítulo embrassan les divers dialectes de la langue d'oc moderne
  2. Charles Alfred Downer Frédéric Mistral. BiblioBazaar, 2007, páxina 25