Feitian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un traxe espacial chino Feitian exposto no Museo do Espazo en Hong Kong.

Feitian é o nome dun traxe espacial chinés deseñado para actividades extravehiculares. Está basado no traxe espacial ruso Orlan-M e foi usado por primeira vez durante a misión da Shenzhou 7, o 27 de setembro de 2008, polo astronauta Zhai Zhigang.[1]

En 2004 China comprou a Rusia nove traxes Orlan-M por 800.000 dólares: tres versións de voo, dous de entrenamento en terra e catro de flotación neutra para entrenamento en tanques de auga. O comezo dos traballos sobre o Feitian comezaron en xullo dese mesmo ano, fabricándose dous modelos de voo cun custo de 5 millóns de dólares por traxe. Os traxes usan sistemas e materiais completamente chinos, incluíndo as comunicacións dixitais, a telemetría e o sistema de xestión de datos. A diferenza máis notable co Orlan-M é un visor do casco máis amplo.[1]

Durante o desenvolvemento do traxe se atoparon varias dificultades, que atrasaron a finalización e cualificación dos traxes ata xuño de 2008, tan só tres meses antes do voo da Shenzhou 7. Dos dous traxes orixinais, o usado na Shenzhou 7 foi deixado a bordo do módulo orbital, que se desintegrou tras o regreso da tripulación, e o segundo está exposto ó público.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Feitian" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/feitian.htm. Consultado o 3 de febreiro de 2013.