Feira da Ciencia e Tecnoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha feira da Ciencia e Tecnoloxía é unha feira onde se presentan montaxes e investigacións científicas e tecnolóxicas.

Algunhas delas celébranse en grandes espazos e teñen proxección internacional. Outras son celebradas en institucións educativas de grao medio co fin de achegar os novos descubrimentos ao alumnado.

Introdución[editar | editar a fonte]

Unha Feira de ciencia é en xeral unha feira onde os participantes presentan os resultados dos seus proxectos de ciencias en xeito de informe, mural e/ou modelos que teñan creado. a feiras de ciencia permete ós escolares expoñer e, ás veces, tamén competir en actividades de ciencia e/ou tecnoloxía.

Proxectos longos de ciencia son raros nos centros escolares, nos EEUU, lugar onde eclosionou a realización de feiras de ciencia, pero tamén en xeral ó ancho do mundo. As feiras de ciencia proporcionan un mecanismo ós estudantes cun grande interse en ciencia para dispor dun titor que pode coincidir co propio profesor ou ser totalmente alleo, pertencente a unha universidade próxima, por exemplo, e que poden proporcionar instrución e equipamento que os centros de ensino non poden afrontar.

Nos Estados Unidos, as feiras de ciencia fixéronse populares nos 1950, coa ISEF, coñecida entón como a Feria de ciencia Nacional. O interese na ciencia estaba por entón alto despois do horror das dúas bombas atómicas e o nacemento da televisión. Ó progresar a década, as historias de ciencia nas noticias, como a vacina de Jonas Salk para combater a polio e o lanzamento do Sputnik, xuntaron a ciencia ficción e a realidade e trouxeron un número crecente de estudantes ás feiras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]