Feijoo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Feijoo, Feijó, ou tamén tradicional e incorrectamente escrito Feijóo, ou tamén regaleguizado minoritariamente a Feixó, é un apelido galego e portugués, amplamente distribuído por toda Galicia, pero que se concentra sobre todo nas comarcas da Limia e da Terra de Celanova, así como no Salnés[1].

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo que deu orixe ao apelido en galego antigo: feijoo orixinouse do latín phaseolu (feixón), con troco de sufixo[2]. En galego actual deu: feixón ou feixó (en portugués: feijão).

Parece que a motivación que suscitou na época medieval o seu emprego como alcume procede do uso humorístico do nome deste legume co significado do substantivo calva. Sería, xa que logo, semanticamente equivalente do apelido Calvo, formado co correspondente adxectivo común. Este significado dedúcese dunha cantiga escarnio de Afonso X onde aparece como sinónimo de 'calvareça'.

Contra o que moita xente pensa, o uso do grafema <g> e <j> para este apelido non é continuación da tradición medieval, posto que entre os séculos XVI e XVIII podemos atopar este apelido escrito indistintamente con <j> ou con <x>, coa mesma variabilidade e pouca regularidade que observamos nos topónimos. A grafía actual con <j> obedece á reforma da ortografía española de 1815 [3]. As formas correctas en galego moderno son Feixoo (con mantemento arcaico da dupla grafía, como hai tamén noutros apelidos como Boo ou Saa), ou Feixó.

Persoeiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cartografía dos apelidos de Galicia (consultado o 21 de setembro de 2009).
  2. FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro: Nova Fronteira, 1986. p.766
  3. NAVAZA, G. A grafía do fonema prepalatal fricativo xordo en topónimos e apelidos galegos, Estudos de Lingüística Galega 4 (2012), páx. 183. http://ilg.usc.es/elg/volume/4/peneira/Peneira_Navaza_ELG04_2012.pdf