Federico Zuccaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autorretrato (despois de 1588)

Federico Zuccaro, chamado tamén Federico Zuccari ou Federigo o Zuccaro, nado en Sant'Angelo in Vado, preto de Urbino, no 1542-1543 e finado en Ancona no 1609, foi un importante pintor do período maneirista italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa carreira como pintor está documentada desde 1550, cando se traslada a Roma ao taller do seu irmán maior, Taddeo Zuccari.

Nos seus primeiros traballos participou no acabamento da decoración do pavillón do Papa Pio IV e da Villa Farnese de Caprarola. Outras obras súas foron:

Zuccaro foi reclamado aínda en Roma polo Papa Gregorio XIII para continuar a decoración da Cappella Paolina no Vaticano, iniciada por Michelangelo. Visitou Bruxelas, onde realizou unha serie de cartóns para tapices. No 1574 estaba en Inglaterra, onde se lle encargaron algúns importantes retratos, como os da raíña Isabel I, Maria Estuardo, Sir Nicholas Bacon, Sir Francis Walsingham e outros. Outro cadro do mesmo período debeu ser a realización dunha Alegoria da Calumnia, inspirada na descrición feita por Luciano de Samosata dunha obra de Apeles.

O Xuízo universal (detalle), na cúpula do Duomo florentino

Pintou o retrato de Home con dous cans, hoxe no Palazzo Pitti, e o Cristo morto e anxos na Galleria Borghese de Roma. En 1585 aceptou a oferta de Filipe II, rei de España, para decorar o novo mosteiro de El Escorial, con un salario anual de 2.000 coroas. Os traballos aí estendéronse entre xaneiro de 1586 ata fins do 1588, data na que retorna a Roma, deixando o encargo a Pellegrino Tibaldi. No 1595 fundou, con aprobación do Papa Sisto V, a Academia di San Luca, da cal foi o primeiro presidente. Entre os seus primeiros estudantes estivo Bartolomeo Carducci.

Como o seu contemporáneo Giorgio Vasari, tamén Zuccaro se dedicou a crítica artística e á historiografía. O seu libro máis importante foi L'idea de' Pittori, Scultori, ed Architetti (1607).

Pouco antes da morte obtivo o título de cabaleiro.