Federico III de Habsburgo
| Federico III | |
|---|---|
| Sacro Emperador Romano; Arquiduque de Austria | |
| Retrato por Hans Burgkmair, sobre 1500. (Kunsthistorisches Museum, Vienna) | |
|
|
|
| Reinado | 2 de Febreiro de 1440 – 19 de Agosto de 1493 |
| Coroación | 17 de Xuño de 1442 |
| Predecesor | Alberte II de Alemaña |
| Sucesor | Maximiliano I de Habsburgo |
|
|
|
| Coroación | 19 de Marzo de 1452 |
| Predecesor | Sexismundo do Sacro Imperio Romano Xermánico |
| Sucesor | Maximiliano I de Habsburgo |
|
|
|
| Reinado | 23 de Novembro de 1457 – 19 de Agosto de 1493 |
| Predecesor | Ladislau o Póstumo |
| Sucesor | Maximiliano I de Habsburgo |
| Cónxuxe | Eleonor de Portugal |
| Descendencia | |
| Maximiliano I de Habsburgo Cunigunda de Austria |
|
| Casa | Casa de Habsburgo |
| Pai | Ernesto, Duque de Austria |
| Nai | Cymburgis de Masovia |
| Nacemento | 21 de Setembro de 1415 Innsbruck, Tirol |
| Falecemento | 1493 Linz, Austria |
| Enterramento | Catedral de Santo Estevo, Viena |
| Sinatura | |
| Relixión | Catolicismo |
Federico III de Habsburgo, Federico V de Austria ou Federico do Tirol, nado en Innsbruck o 21 de setembro de 1415 e finado en Linz o 19 de agosto de 1493, alcumado "o do Beizo Groso", foi Emperador do Sacro Imperio Romano.
Traxectoria [editar]
Era o terceiro fillo de Ernesto I, o León (1377-1424), Duque de Carniola e duque de Austria en 1406 e Duque de Estiria ou Steiermark e Duque de Carintia en 1411. Conde de Habsburgo, do Tirol, de Ferrete, de Kyburg, Landgrave da Alta Alsacia, Arquiduque en 1414. Ernesto I casou en 1392 con Margarida, enviuvando en 1410; era filla de de Bogislas V, Duque de Pomerania. Casou entón en febreiro de 1412 con Zimburga, tamén chamada Gymburge, Cymbarka, Cymburge ou Cimburgis de Masovia, nacida en Varsovia, máis ou menos en 1394 e morta en 1492. Era filla de Ziemovit IV Piast, Duque de Masovia, e deulle nove fillos.
Títulos [editar]
Duque de Estiria, Carintia, Carniola, Ferrette e Tirol, Landgrave da Alta Alsacia en 1427, Duque de Austria, que erixiu en Arquiducado en 1453. Rei dos Romanos en 1439, despois SIR en 1452. En 1457 conde de Habsburgo.