Federico III de Alemaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federico III de Alemaña
Emperador de Alemaña, Rei de Prusia
FriedIII.jpg
Reinado 9 de marzo de 1888 - 15 de xuño de 1888
Nacemento 18 de outubro de 1831
Potsdam, Prusia Alemaña
Falecemento 15 de xuño de 1888
Potsdam, Imperio alemán Alemaña
Predecesor Guillerme I
Sucesor Guillerme II
Consorte Vitoria de Saxonia
Descendencia
Dinastía Hohenzollern
Pai Guillerme I
Nai Augusta de Saxonia-Weimar-Eisenach

Federico III de Hohenzollern, nado en Potsdam o 18 de outubro de 1831 e finado o 15 de xuño de 1888, foi o emperador de Alemaña (Káiser) e rei de Prusia, durante 1888 (9 de marzo-15 de xuño).

Era fillo do príncipe Guillerme de Prusia e de Augusta de Saxonia-Weimar-Eisenach (o seu pai era irmán do rei Federico Guillerme IV de Prusia).

En 1858 casou con Vitoria, princesa do Reino Unido, filla da raíña Vitoria de Gran Bretaña e Irlanda e Alberte de Saxonia-Coburgo-Hannover, coa que tivo oito fillos:

Cando o seu pai converteuse en rei de Prusia, desde 1861 foi príncipe herdeiro da coroa. Participou como oficial de Prusia na Guerra austro-prusiana en 1866 e, en 1870, na Guerra franco-prusiana.

Con posterioridade á unificación alemá (a partir de 1871), Federico, de ideas liberais e influído pola súa esposa, tivo diferenzas políticas co conservador chanceler Bismarck, pero se mantivo á marxe do poder político durante a vida do seu pai. Falecido Guillerme I o 9 de marzo de 1888, Federico só puido reinar 99 días por padecer un cancro de larinxe, chegando a perder o fala tras unha operación. Sucedeulle á súa morte o seu fillo Guillerme II.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Federico III de Alemaña