Federico I, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federico I Barbarroxa.

Federico I, tamén coñecido como Federico Barbarroxa, nado cara a 1122/25 e finado en Estambul en 1190, foi elixido rei de Alemaña o 4 de marzo de 1152 en sucesión do seu tío Conrado III, e coroado emperador romano-xermánico en 1155. Ademais, foi duque de Suabia (Federico III, 1147 - 1190).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Federico de Hohenstaufen, duque de Suabia, e de Judith de Baviera, da dinastía rival Welfa, Federico é herdeiro dunha das principais familias de Alemaña, sendo partido aceptable para os príncipes electores.

Fixo seis expedicións a Italia; na primeira, foi coroado emperador en Roma polo papa Hadrián IV, despois de obter o control da cidade republicana dirixida por Arnold de Brescia. Por esta causa as relacións entre o emperador e o papa degradáronse, culminando o conflito coa derrota de Federico na batalla de Legnano, preto de Milán, pola liga lombarda das cidades do norte de Italia.

Despois de facer as paces co papa Alexandre III, Federico embarcou para as Cruzadas (1189) con Filipe II de Francia e Ricardo I de Inglaterra; afogará atravesando o río Saleph en Silicia, no sur de Anatolia.

O seu fillo Henrique VI sucedeuno como rei dos romanos e emperador de Alemaña.

Lenda[editar | editar a fonte]

Frederico é o protagonista dunha lenda de heroes dormentes, que di que non está morto, senón adormecido cos seus cabaleiros nunha cova nas montañas de Kyffhäuser, en Turinxia (Alemaña), e que cando os corvos deixen de voar ó redor da montaña el acordará e restablecerá a antiga grandeza de Alemaña. Segundo a historia a súa barba roxa empuxaba a mesa ata onde el estaba sentado. Os seus ollos están medio abertos no seu soño, pero de cando en cando envía un rapaz a ver se os corvos deixaron xa de voar.

A invasión alemá da Unión Soviética en 1941 recibiu o nome clave de Operación Barbarroxa, en recordo de Frederico I.

Sucedeu a:
Conrado III

Listaxe de Reis e Emperadores Alemáns

Sucedido por:
Henrique VI