Federal Open Market Committee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Federal Open Market Committee (FOMC), que en galego significa Comité Federal de Mercado Aberto, é un compoñente do Sistema da Reserva Federal, que ten a obriga legal de supervisar as operacións de mercado aberto nos Estados Unidos, e é ademais o principal instrumento para aplicar a política monetaria estadounidense. O comité fixa a política monetaria ao especificar o obxectivo de curto prazo para esas operacións, que actualmente é un nivel obxectivo para a taxa de fondos federais (a taxa que os bancos comerciais cobran por préstamos entre eles da noite para a mañá).

O FOMC tamén dirixe operacións do Sistema da Reserva Federal nos mercados de moeda estranxeira, aínda que toda intervención neles é coordinada co Tesouro dos Estados Unidos, o cal ten a responsabilidade de formular as políticas estadounidenses relacionadas co valor do tipo de cambio do dólar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]