Fear of Music

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fear of Music
Álbum de Talking Heads
Gravaciónabril - maio de 1979
Duración40:40
Xénero(s)New Wave, post-punk, art punk
Selo(s)Sire Records
Producido porBrian Eno, Talking Heads
Cronoloxía
More Songs About Buildings and Food Fear of Music Remain in Light

Fear of Music é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de New Wave Talking Heads, editado o 3 de agosto de 1979 a través do selo Sire Records. Foi gravado en varios lugares de Nova York entre abril e maio de 1979, e foi producido pola banda e por Brian Eno. O disco entrou na lista Billboard 200 no número 21, e chegou ao 33 da lista británica de álbums. Tres temas foron publicados como sinxelos entre 1979 e 1980: "Life During Wartime", "I Zimbra" e "Cities". O álbum foi certificado ouro nos Estados Unidos en 1985.

Fear of Music recibiu recensións favorables da crítica. As louvanzas centráronse sobre todo nos seus ritmos pouco convencionais e as interpretacións líricas do líder David Byrne. O disco adoita a ser considerado un dos mellores de Talking Heads. No ano 2006 foi remasterizado e editado con catro cancións extra.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por David Byrne, agás onde se indique. 

Cara 1
N.º Título Duración
1. "I Zimbra" (David Byrne, Brian Eno, Hugo Ball) 3:09
2. "Mind"   4:13
3. "Paper"   2:39
4. "Cities"   4:10
5. "Life During Wartime" (David Byrne, Chris Frantz, Jerry Harrison, Tina Weymouth) 3:41
6. "Memories Can't Wait" (David Byrne, Jerry Harrison) 3:30
Cara 2
N.º Título Duración
7. "Air"   3:34
8. "Heaven" (David Byrne, Jerry Harrison) 4:01
9. "Animals"   3:30
10. "Electric Guitar"   3:03
11. "Drugs" (David Byrne, Brian Eno) 5:10
  • O LP orixinal acredita todos os temas a David Byrne agás "I Zimbra". Despois das queixas dos outros membros, os créditos foron trocados para os que aparecen arriba nas edicións en CD posteriores.
  • Unha edición limitada do LP en Reino Unido inclúe "Psycho Killer" e "New Feeling", do álbum de estrea da banda, Talking Heads: 77, nun disco de 7" extra.
Cancións extra do CD expandido
N.º Título Duración
12. "Dancing for Money (Unfinished Outtake)"   2:42
13. "Life During Wartime (Alternate Version)" (David Byrne, Chris Frantz, Jerry Harrison, Tina Weymouth) 4:07
14. "Cities (Alternate Version)"   5:30
15. "Mind (Alternate Version)"   4:26
  • A edición remasterizada foi producida por Andy Zax coa axuda de Talking Heads, e foi mesturado por Brian Kehew.