Fauna tomotiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En paleontoloxía, chámase fauna tomotiana, fauna tommotiense (do Tommotiense, un dos últimos períodos do cámbrico inferior) ou pequenos fósiles con cuncha (do inglés small shelly fossils), a un conxunto de fósiles que se formaron no inicio do período cámbrico, hai por volta de 542 millóns de anos.[1]

Os exemplares coñecidos desta fauna viviron nun período de preto de dez millóns de anos, e sucederon á fauna de Ediacara ou fauna vendiana, que se desenvolveu ao final do proterozoico, e antecederon a explosión cámbrica.[2].

O descubrimento destes seres de tamaño milimétrico realizouse en Siberia, e son os primeiros restos de esqueletos mineralizados que aparecen no rexistro fósil.[3] O termo foi empregado por primeira vez no ano 1975 por Crosbie Matthews e Vladimir Missarzhevsky.[4]

Os restos consisten en escleritos, espículas, tubos e cunchas.[4] Moitos destes restos interprétanse como elementos de organismos maiores, e outros parecen ser cunchas individuais pertencentes a organismos de pequeno tamaño; algúns dos fósiles non parecen gardar parentesco con ningún grupo de animais modernos, polo que, ao igual que a fauna de Ediacara, parecen ser un tipo de organismos que apareceron e desapareceron do rexistro xeolóxico.[5]

Encontráronse pequenos fósiles con cuncha en todo o planeta, existindo xacementos paleontolóxicos en Inglaterra, Australia, a Antártida, illa de Terra Nova, Canadá continental, California, México, China, Mongolia, Irán, India, Turquía, Marrocos etc.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gould, Stephen Jay (2006). "Antecedentes de Burgess Shale". La vida maravillosa. Crítica. p. 66. ISBN 9788484328049. 
  2. “Archaeocyatha” no sitio do Departamento de Xeoloxía da Faculdade de Ciencias da Universidade de Lisboa Arquivado 26 de decembro de 2010 en Wayback Machine. (en portugués)
  3. The Virtual Fossil Museum. "Tommotian fauna" (en inglés). Consultado o 13 de setembro de 2012. 
  4. 4,0 4,1 Bengtson, Stefan (2004). "Early Skeletal Fossils" (PDF). The Paleontological Society Papers (en inglés) 10: 67–77. 
  5. Universidade de Bristol. "Small Shelly Fossils" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2012. Consultado o 13 de setembro de 2012. 
  6. Sarmiento, Graciela N., Fernández-Remolar, David & Göncüoglu, M. Cemal (2001). "Cambrian small shelly fossils from the Çal Tepe Formation, Taurus Mountains, Turkey" (PDF). Coloquios de Paleontología (en inglés) 52: 117–134. 1132-1660. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Landing, E., Geyer, G., e Bartowski, K. E. (2002): "Latest Early Cambrian Small Shelly Fossils, Trilobites, and Hatch Hill Dysaerobic Interval on the Québec Continental Slope". Journal of Paleontology, marzo de 2002, (2): 287-305.
  • Matthews, S. C. e Missarzhevsky, V. V. (1975): "Small Shelly Fossils of Late Precambrian and Early Cambrian Age: a Review of Recent Work". Journal of the Geological Society 131 (3): 289–304.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]