Fasor
Un fasor ou vector de rotación é un vector bidimensional usado para representar unha onda en movemento harmónico simple.
Representandose a onda:
é posíbel identificarse unha relación entre ese modelo e a proxección no eixo das abscisas do seguinte vector
Ou sexa, é posíbel representar unha onda de amplitude máxima
e ángulo de fase
a través dun vector de magnitude
e que ten como ángulo
co eixo das abscisas, no sentido directo.
Aplicacións [editar]
Os fasores teñen unha larga aplicación práctica pois ofrecen varias vantaxes na manipulación e cálculo de ondas. Eis algunhas vantaxes:
Sobreposición de ondas [editar]
Grazas á natureza vectorial dos fasores, o cálculo do efecto da sobreposición de ondas redúcese a unha soma vectorial.
Derivación e determinación da velocidade e aceleración [editar]
Debido á natureza do modelo matemático da onda en movemento harmónico simple, das operación de derivación e das propiedades trigonométricas, a determinación da velocidade e aceleración dunha partícula en movemento harmónico simple tornase trivial. Derivando a expresión
obtéñense as seguintes expresións para a velocidade e aceleración:
A partir das relacións trigonométricas dedúcese que a velocidade e a aceleración poden ser representados como vectores que teñen un ángulo de
e
co fasor posición e que posúen as magnitudes
e
respectivamente.
Circuítos eléctricos en corrente alternada [editar]
Para circuítos eléctricos sinusoidais en réxime permanente, é posíbel a utilización do método fasorial para o estudo, evitando unha resolución con ecuacións diferenciais. Os elementos eléctricos (resistencias, indutancias e capacitancias) serán representados por impedancias, todos nunha mesma unidade (ohm).
Un fasor funciona como un vector, onde o módulo é a intensidade da grandeza medida (tensión ou corrente) e o ángulo mede a defasaxe da grandeza con relación a un circuíto puramente resistivo (ø=0).



