Fasil Ghebi
|
||
|
|
||
Vista do palacio de Fasilidas |
||
| Inscrición: | 1979 | |
| País: | Etiopía | |
| Localización: | 12°36′24.9″N 37°27′58.2″E / 12.606917°N 37.466167°ECoordenadas: 12°36′24.9″N 37°27′58.2″E / 12.606917°N 37.466167°E | |
| Rexión: | Non dispoñible | |
| Tipo: | Non dispoñible | |
| Criterios: | ii, iii | |
| Descrición UNESCO: | fr en | |
A cidadela de Fasil Ghebi na cidade etíope de Gondar, é un recinto real amurallado do século XVII dende onde os emperadores de Etiopía reinaron o imperio. En 1979, foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco xunto con outros monumentos da cidade e proximidades. Fasil Ghebi é un exemplo dun estilo particular de arquitectura, chamado estilo de Gondar, no que, sobre unha base local árabe integráronse as influencias do estilo barroco europeo, introducido polos misioneiros portugueses, e as técnicas arquitectónicas indias da cocción do cal, aportadas polos mestres construtores chegados de Goa.
O recinto real de Fasil Ghebi está rodeado por unha muralla de novecentos metros de lonxitude, con doce portas e dúas pontes. No seu interior agrúpanse varios edificios históricos:
- O castelo de Fasilides, edificio de base rectangular flanqueado nas esquinas por catro torreóns redondos rematados por pequenas cúpuclas, que constitúe a obra cume do estilo de Gondar
- O castelo do emperador Iyasu, o edificio máis alto de Gondar, construído entre 1682 e 1706
- A chancelaría e a biblioteca de Tzadich Yohannes, dous pabellóns anexos ao castelo de Fasilides
- O salón de banquetes
- A tumba do cabalo do rei Fasilides
- Tres igrexas, entre as que destaca a capela de San Antonio, con pinturas murais
- Cuadras
Ademais de Fasil Ghebi, tamén se incluíron no Patrimonio Mundial:
- A abadía de Debre Berhan Selassie, coa súa igrexa circular decorada con pinturas, a 1200 m ao nordeste de Fasil Ghebi
- Os baños de Fasilides, un palacio de varios pisos nun estanque dentro dun extenso terreo de recreo, onde anualmente se celebra a cerimonia de bendición do baño, a 1500 m ao noroeste
- A igrexa de Kuddus Yohannes, a 1500 m ao oeste
- O complexo de Qusquam, construído pola Emperatriz Mentuab no século XVIII, a 3000 m ao noroeste, que inclúe unha igrexa redonda e o palacio de Mentuab, construído entre 1730 e 1755, que recorda ao Renacemento europeo
- O mosteiro de Mariam Ghemb, chamado Socinios
- O palacio de Guzara
A pesares do terremoto de 1704, da guerra civil do século XIX, da decadencia da cidade ao perder a capitalidade do imperio, e dalgunhas desafortunadas reconstrucións realizadas polos italianos durante a Segunda Guerra Mundial, o estado de conservación dos edificios é bastante bo.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Galería de imaxes na unesco.org: Fasil Ghebbi