Fascia antebraquial
| Fascia antebraquial | |
|---|---|
| Latín | fascia antebrachii |
A fascia antebraquial ou fascia fonda do antebrazo é unha fascia que é a continuación da aponeurose bicipital. Protexe as estruturas do compartimento anterior do antebrazo e do posterior, sendo máis grosa na parte anterior ca na posterior.
Insírese no olécranon e no bordo dorsal do cúbito. Na parte máis anterior, xunto aos músculos flexores, dá lugar ao ligamento carpal anterior. Continúase ademais a través do ligamento transverso do carpo e da fascia que cobre o tendón do músculo palmar longo, que finalmente se insire na aponeurose palmar.
Preto do pulso aporta febras para constituír o ligamento carpal posterior.
A parte máis cercana ao pulso é máis delgada, mentres que a parte proximal é máis grosa. No inicio do antebrazo está reforzada polo bíceps braquial na parte anterior e polo tríceps braquial na parte posterior.
A fascia está furada en varios puntos, para poder comunicar o sistema venoso superficial co fondo que drena o membro superior.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.