Baliza de Carrumeiro Chico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Faro de Carrumeiro Chico»)

Coordenadas: 42°54′22″N 9°10′45″O / 42.9062, -9.1791

Baliza de Carrumeiro Chico
Datos xerais
LocalizaciónRía de Corcubión
ConcelloCorcubión
Mapa
Baliza de Carrumeiro en A Coruña
Baliza de Carrumeiro
Baliza de Carrumeiro
Construción1861
Datos técnicos
Cód. internacionalD-1758
DescriciónTorre troncocónica
Altura sobre o terreo6 metros
CaracterísticasGpD (2) B 7,5 seg.
Período0,5 + 1,5 + 0,5 + 4,5 = 7 s
Alcance10 millas náuticas

A baliza de Carrumeiro Chico está situada nun penedo ao sur do cabo de Cee, no concello de Corcubión.

Características[editar | editar a fonte]

O Carrumeiro Chico, é unha rocha que apenas amosa a superficie na ría de Corcubión, é un dos maiores perigos para a navegación da zona. A baliza data de 1861, cando se lle dotou dunha boia con campá, substituída en 1917 por unha baliza sobre unha torre de pedra de sete metros de altura, que emite un lampo de luz vermella cada cinco segundos. A súa luz actual é a dunha placa solar de 1000 voltios cunha grande esfera que, xunto coas franxas negras e vermellas pintadas na torre, é o sinal de perigo.

O funcionamento dese sinal depende, coma o do faro de cabo de Cee e a luz das Lobeiras, do faro de Fisterra.

Código 03940 D-1758
Descrición Torre baliza troncocónica MC de perigo illado
Altitude 6 m.
Características GpD (2) B 7,5 seg.
Período 0,5 + 1,5 + 0,5 + 4,5 = 7 seg.
Alcance 10 millas náuticas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]