Faro de cabo Silleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Faro Silleiro»)

Coordenadas: 42°06′16″N 8°53′47″O / 42.10445, -8.896359

Datos xerais
Localización xeográfica Baredo, Baiona
Localización municipal Baiona,
Provincia de Pontevedra
Construción 1853
Datos técnicos
Código internacional D1916
Descrición
Altura sobre o nivel do mar 85 metros
Altura sobre o terreo 30 metros
Características Fl(2+1) W 15s
Período
Alcance 24 millas náuticas

O faro de cabo Silleiro atópase no cabo do mesmo nome, na parroquia de Baredo, concello de Baiona.[1]

Historia e características[editar | editar a fonte]

O faro vello inaugurouse no ano 1866 pegado ó mar. E en 1924, o novo a 85 metros sobre o nivel do mar e a uns 250 do mar.

O seu primeiro combustible foi unha lámpada de mecha que empregaba aceite vexetal. En 1909 foi substituído por unha lámpada de petróleo. Máis tarde instalóuselle unha sirena, unhas lentes de 25 quilómetros e un emisor eléctrico con alcance de 200 millas. Dende 1960 ten unha lámpada de 3.000 watios que se poden ver a 40 millas.

Na Casa da Navegación de Baiona hai expostas antigas lámpadas do faro.

Panel da Autoridade Portuaria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Faro Silleiro Arquivado 04 de novembro de 2016 en Wayback Machine. en Turgalicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]