Farmakonísi - Φαρμακονήσι
| Farmakonísi - Φαρμακονήσι | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Grecia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Dodecaneso |
| Linguas | Grego |
| Poboación (2001) | 74 hab. |
| Superficie | 3´9 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 37°17′N 27°05′E / 37.283°N 27.083°E |
| Maior Altura | 106 m. |
| Localización | |
Pharmakonisi ou Farmakonisi (grego: Φαρμακονήσι), é unha pequena illa grega da prefectura do Dodecaneso. Tamén se coñeceu como Pharmacos, Farmaco, ou Pharmakousa. Atópase entre a cadea das illas do Dodecaneso, no oeste e a costa de Asia Menor (Turquía) no leste. Ao norte da mesma está a illa de Agathonissi, ao oeste as illas de Lipsi, Patmos e Leros, e ao sur as illas de Kalymnos e Psérimos. Forma parte da municipalidade de Leros, e tiña unha poboación no censo de 2001 de 74 habitantes.
Pharmakonisi ten 5´2 km². É coñecida pola súa rica flora.
Plutarco no seu Vidas Paralelas di que o mozo Xulio César, mentres viaxaba a Asia Menor, foi secuestrado por piratas e estivo preso alí 38 días. Durante o seu encarceramento, lles prometeu que cando fora posto en liberdade, os mataría a todos eles. Logo de pagar un rescate dúas veces maior do que os seus secuestradores reclamaban (dixo que a cantidade requirida era demasiado baixa para alguén como el) e de ser liberado, organizou unha flota e mantivo a súa promesa, crucificando a todos eles.