Fariñento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fariñento

O fariñento (Chenopodium album), tamén coñecido como fariñón, farnelo ou farnento, é unha planta da familia das amarantaceas, moi común nos países de clima temperado. Medra en chans ricos en nitróxeno e aparece como mala herba no medio dos cultivos.

As súas follas son verdes por riba e cinsentas polo envés. As partes verdes aprovéitanse fervidas xunto coas sementes para enriquecer a fariña dos cereais. Tamén poden ser comidas crúas.

C.album
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas