Fante
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fante é unha das tres variedades escritas que forman a lingua akán[1] que emprega o pobo fante que é maioría no centro e oeste de Ghana así como en asentamentos doutras rexións no sur dese país. Fante constitúe a lingua común de comunicación entre os diversos reinos tradicionais fante, cada un dos cales ten o seu propio subdialecto: Agona, Anomabo, Abura, Gomua, Oguaa, Ahanta.
Alfabeto[editar]
En 1990, a Oficina das Linguas de Ghana publicou unha guía ortográfica para o fante, que é a que se emprega no ensino e é semellante ás outras variedades akan.
| alfabeto fante[2] | ||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| A | B | D | Ɛ | E | F | G | H | I | K | L | M | N | Ɔ | O | P | R | S | T | U | W | Y | Z |
| a | b | d | ɛ | e | f | g | h | i | k | l | m | n | ɔ | o | p | r | s | t | u | w | y | z |
Notas[editar]
- ↑ Mary Esther Kropp Dakubu 'The Languages of Ghana: Taylor & Francis (1988), p. 53 e ss.
- ↑ Language guide : Fante version. Accra : Bureau of Ghana Languages, 1990. ISBN 9964-2-0156-7.