Fanny och Alexander

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fanny och Alexander é un filme sueco de 1982 dirixido por Ingmar Bergman, orixinalmente concibido como un filme para televisión dividido en catro partes cunha duración de 312 minutos, despois editouse unha versión para as salas cinematográficas, de 188 minutos, pero foi esta última a que se estreou primeiro, aínda que con posterioridade a versión para a televisión tamén se emitiu en cines. O filme gañou catro Óscar en 1984,como Mellor película estranxeira, Mellor fotografía, Mellor deseño de vestiario e Mellor dirección de arte.