Fania All Stars

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fania All-Stars»)

Fania All-Stars é un grupo de música latina formado en Nova York (Estados Unidos) en 1968 polos artistas máis coñecidos do selo Fania Records, a miúdo acompañados por estrelas invitadas procedentes doutros selos de música latina e doutros estilos. Aínda que o selo foi vendido en 1997 (aínda que se editaban moi poucos discos durante a súa última época), a banda segue a ter xuntanzas periódicas co gallo de realizaren distintas xiras.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O director artístico da meirande parte das gravacións de Fania All-Stars é Johnny Pacheco, fundador, xunto con Jerry Masucci do selo. En 1968 Pacheco logrou arrexuntar a elite dos músicos e cantantes de salsa para execucións e gravacións de grupo. Nas filas deste grupo militaron algúns dos máis importantes músicos de salsa e jazz latino dos últimos corenta anos (en especial, os que viviron nos Estados Unidos), provenientes tanto das filas de Fania coma doutros selos. Entre as estrelas invitadas procedentes doutros xéneros que colaboraron a miúdo con Fania All-Stars están Manu Dibango, Jorge Santana (irmán de Carlos) e Eric Gale, entre moitos outros.

Máis tarde Jerry Masucci comprou a participación na empresa Fania Records do seu socio Johnny Pacheco e converteuse en único dono da compañía e de moitas outros subselos, entre eles varios en Suramérica que el adquiriu e creou, até a súa morte en Buenos Aires en 1997.

Integrantes fundamentais da Fania foron Willie Colón, Héctor Lavoe, Celia Cruz ou Ismael Rivera.

Personalidades que nalgún momento formaron parte da banda[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]