Faneca prateada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Faneca prateada
Gadiculus argenteus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Orde: Gadiformes
Familia: Gadidae
Xénero: Gadiculus
(Guichenot, 1850) [1] [2]
Especie: G. argenteus
Nome binomial
Gadiculus argenteus
(Guichenot, 1850) [1]
Diustribiución de Gadiculus argenteus argenteus

Diustribiución de Gadiculus argenteus argenteus
Subespecies
  • G. argenteus argenteus (Guichenot, 1850)
  • G. argenteus thori (Schmidt, 1914)[3] [4]

A faneca prateada,[5] [6] [7] Gadiculus argenteus Guichenot, 1850, tamén coñecida ás veces como corbelo prateado,[7] é un peixe osteíctio gadiforme da familia dos gádidos, único representante do xénero Gadiculus.[8]

Características[editar | editar a fonte]

É un peixe pequeno, duns 11 cm de lonxitude (máximo, 15 cm), de corpo moderadamente alongado, cuberto de escamas grandes, delgadas e facilmente caducas, de coloración rosa prateada no dorso e nos flancos, e prateada na rexión ventral e a ambos os lados da cabeza; as aletas son case transparentes e de cor cincenta. Na cabeza presenta o maxilar inferior proxectado lixeiramente respecto do superior, a boca oblicua, con dentes moi pequenos dispostos nunha banda estreita en ambos os maxilares e, ás veces, no vómer; carece de barbelas; os ollos son grandes, cun diámetro superior á lonxitude do fociño. As aletas pectorais son pequenas e arredondadas; e as pelvianas aínda máis curtas. A liña lateral e descontinua, e vai desde a segunda metade da base da terceira aleta dorsal até a parte superior da cabeza, onde remata en tres cavidades mucosas .[6] [9] [10] [11]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

É un peixe de augas mariñas, peláxico e non migratorio, que habita no Atlántico nororiental, desde Islandia e Noruega até Marrocos e as costas do Sáhara Occidental, e no Mediterráneo occidental, até Italia e Tunisia,[9]nadando en cardumes entre os 100 e os 1.000 m de profundidade sobre fondos *fangosos, de grava ou rochosos.[10] [6] [11]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Distínguense dúas subespecies:[11]

  • Gadiculus argenteus argenteus, desde o norte até o golfo de Biscaia, e
  • G. a. thori, na parte medidional da súa área de distribución.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Aliméntase de pequenos crustáceos e quizais tamén de anélidos poliquetos.[6]

A súa esperanza de vida ao nacer é de 3 anos.[9]

A reprodución ocorre, no Mediterráneo occidental e a ambos os lados do estreito de Xibraltar, en inverno.[10] [9] Nas costas galegas, de xaneiro a febreiro.[6]

Pesca[editar | editar a fonte]

Péscase e comercialízase, pero ten pouca importancia comercial; ás veces péscase para usalo como carnada.[9] Porén, o seu agradábel sabor fai que alcance elevados prezos nalgúns mercados.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Guichenot, A. (1850): Histoire naturelle des reptiles et poissons. pp. i-iv + 1-144 + Atlas. A: Exploration scientique de l'Algérie pendant les années 1840, 1841, 1842. París. Vol. 5. Zoologie. Hist. Nat. Algérie.
  2. uBio (en inglés)
  3. BioLib (en inglés)
  4. Catalogue of Life (en inglés)
  5. Rodríguez Solórzano (1983), p. 83.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Rodríguez Villanueva (1995), pp. 168-169.
  7. 7,0 7,1 Lahuerta e Vázquez (200), p. 89.
  8. The Taxonomicon (en inglés)
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Cohen, D. M.; T. Inada; T. Iwamoto e N. Scialabba (1990): "FAO species catalogue. Vol. 10. Gadiform fishes of the world (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date". FAO Fish. Synop 10 (125): 442. FAO, Roma. ISBN 92-5-102890-7.
  10. 10,0 10,1 10,2 Muus, B. J. e J. G. Nielsen (1999): Sea fish. Scandinavian Fishing Year Book. Hedehusene, Dinamarca. 340 pp.
  11. 11,0 11,1 11,2 Muus, Bent J.; Nielsen, Jørgen G.; Dahlstrøm, Preben e Niström, Bente O. (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1161-2, p. 125.
  12. Sumaila, U. R.; A. D. Marsden; R. Watson e D. Pauly (2007) "A global ex-vessel fish price database: construction and applications". J. Bioeconomics 9: 39-51.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Coppola, S. R. et al. (1994): SPECIESDAB: Global species database for fishery purposes. User's manual. FAO Computerized Information Series (Fisheries). Núm. 9. Roma, FAO.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
  • Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. e Froese, R. (2001): Pisces, en: Costello, M. J. et al. (Ed.), 2001. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357-374.  

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]