Fanariotas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe das extravagancias atribuídas aos fanariotas: Nicholas Mavrogenes pasa por Bucarest nunha carruaxe tirada por cervos (1780).

Os fanariotas (grego: Φαναριώτες, romanés: Fanarioţi) eran membros das familias gregas prominentes que residían en Phanar[1] (o moderno Fener[2]), o principal barrio grego de Constantinopla (Istambul), onde está situado o Patriarcado Ecuménico.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Os fanariotas dominaron a administración do Patriarcado e interviñeron con frecuencia na elección de prelados, mesmo do Patriarca Ecuménico, quen ten o estatuto de "primus inter pares" entre os bispos ortodoxos do leste.

Algúns membros destas familias, que acumularan grandes fortunas e influencia durante o século XVII, ocuparon importantes cargos políticos e administrativos no Imperio otomán, como o de intérprete principal da Sublime Porta, (dende 1669 até 1821 os fanariotas serviron de dragománs no goberno otomán ou en embaixadas estranxeiras compartindo co ministro de asuntos exteriores otomán a dirección da política exterior do imperio) como intérpretes do kaptan bajá (almirante da flota otomá), exercendo funcións de goberno nas illas da flota otomá e tamén entre os anos 1711-1716 e 1821, foron nomeados "gospodaros" ou hospodares (voivodas ou príncipes) dos Principados Danubianos (Moldavia e Valaquia), a ese período chámaselle habitualmente a "época fanariota" na historia de Romanía.[3] . Xunto con dignatarios da Igrexa e as persoas influentes das provincias, os fanariotas representaron á clase gobernante grega durante o reinado otomán, até a Guerra de independencia de Grecia. Durante a guerra de independencia, os fanariotas tiveron un papel importante e influenciaron ás decisións da Asemblea Nacional, o corpo representativo dos revolucionarios gregos, quen se xuntaron en seis ocasiones entre 1821 e 1829.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Phanariote", Encyclopedia Britannica 2006
  2. Os nomes Fener e Φανάρι (Fanari) son derivados da palabra náutica grega significando "faro" (literalmente "lanterna" ou "lámpada")
    "Τριανταφυλλίδης En liña Dictionary". Φανάρι (ναυτ.). http://www.komvos.edu.gr/dictonlineplsql/simple_search.display_full_lemma?the_lemma_ide=15948&target_dict=1. Consultado o 7 de outubro. 
  3. Clogg, Richardo. Historia de Grecia. Cambridge University press. ISBN 84 8323 040 2.