Fall Out Boy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fall Out Boy
Fall Out Boy in concert.jpg
Fall Out Boy en directo no 2006
Orixe Chicago, Illinois, Flag of the United States.svg
Período 2001 - actualidade
Xénero(s) pop rock, rock alternativo, pop punk
Selo(s) discográfico(s) Decaydance, Island Def Jam, Fueled by Ramen, Uprising
Na rede
falloutboyrock.com

Fall Out Boy, normalmente abreviado como FOB é unha banda americana de rock alternativo de Chicago, Illinois, que se formou en 2001. A banda consta de catro membros: Patrick Stump (cantante principal, guitarra rítmica e compositor principal), Pete Wentz (cantante secundario, baixista e escritor principal), Joseph Trohman (gutarrista principal) e Andrew Hurley (batería). Os seus membros, en principio, tocaban noutras bandas antes de formar Fall Out Boy. Con Pete Wentz como o principal escritor das letras e Patrick Stump como o principal compositor musical, Fall Out Boy pasou de ser unha banda que tocaba en bares e que pouca xente coñecía a conseguir un gran éxito co seu álbum From Under the Cork Tree.

Fall Out Boy gañou varios premios grazas a este álbum de estrea nunha grande discográfica. Lanzado no 2005, o álbum foi doble platino por vender 2,5 millóns de copias nos Estados Unidos. Para promocionar o álbum, Fall Out Boy realizou xiras por todo o mundo durante os anos 2005 e 2006.

En febreiro de 2007 lanzaron o seu seguinte álbum, Infinity On High, e conseguiron unha mellor posición nas listas, chegando ao número 1 na Billboard 200 ao vender máis de 260.000 copias na súa primeira semana. O sinxelo principal, "This Ain't a Secene, It's an Arms Race", alcanzou o número 1 na Pop 100 e o 2 na Billboard Hot 100. Para promocionar o álbum, a banda tocou no concerto Live Earth, o 7 de xullo de 2007 e en outros tours coma o Honda Civil Tour e os MTV Video Music Awards o 9 de setembro do mesmo ano. No 2008, Fall Out Boy lanzou Folie à Deux.

En 2009 anunciaron un descanso de tempo indefinido, asegurando que non romperan definitivamente senón que necesitaban un descanso e embarcarse en proxectos a parte da banda. Stump lanzou un disco en solitario en 2011 chamado "Soul Punk", mentras que Hurley e Trohman formaron The Damned Things e despois marcháronse a With Knives e Enabler, respectivamente. Fall Out Boy quedou no posto 93 no ranking dos Mellores Artistas do 2000-10 da revista Billboard.

O 4 de Febreiro de 2013, Fall Out Boy anunciou a súa volta con un novo álbum, Save Rock and Roll, así como un tour e un novo single.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos (2001-2002)

Fall Out Boy formouse no ano 2001 polos amigos Pete Wentz e Joe Trohman, que xa tocaran anteriormente an varias bandas de hardcore punk en Chicago. Inspirándose en bandas que escoitaran mentras creceran como Green Day, Descendents e The Smiths, a parella decidiu formar a súa propia banda [3]. Trohman coñeceu no instituto a Patrick Stump nunha tenda de libros.[4] Stump presentouse a Trohman cando lle escoitou falar sobre a banda Neurosis, na cal ambos estaban interesados.[4] Stump fixo unha audición como batería, pero cando descubriron o seu impresionante rango vocal decidiron que fose o vocalista principal.[5] Ben Rose foi o primeiro batería da banda, aínda que se marchou pronto. Finalmente Andy Hurley convertiuse no actual batería.

A banda non tivo nome durante os seus dous primeiros shows. Decidiron que a audiencia era a que debía decidir e no final do seu segundo show, pedíronlle á audiencia que gritasen ideas para o nome. Un membro da audiencia suxeriu o nome de "Fallout Boy",[4][6] unha referencia ó compañeiro de Radioactivo Man dos Simpsons.[3][7]

Take This to Your Grave (2003–2004)

O grupo lanzou un mini-LP, Fall Out Boy's Evening Out with Your Girlfriend, no 2003.[8] O álbum grabouse en dous días e foi lanzado a pesar da negativa da banda. Durante este período a banda fixo pequenos shows.

Discografía[editar | editar a fonte]