Fagocito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neutrophil with anthrax copy.jpg

Os fagocitos son un tipo de células presentes no sangue e outros tecidos animais capaces de captar microorganismos e restos celulares (en xeral, toda clase de partículas inútiles ou nocivas para o organismo) e introducilos no seu interior co fin de eliminalos, nun proceso coñecido como fagocitose.

Características[editar | editar a fonte]

O seu nome procede do grego phagein (comer'), co engadido da terminación -cito, sufixo utilizado co significado de célula, procedente do termo kutos (cavidade).

Existen moitos tipos de células capaces de efectuar a fagocitosis; as células do sistema inmune que a realizan son de vital importancia na defensa do organismo contra as infeccións. Están presentes en todos os animais e atópanse moi desenvolvidos nos vertebrados. Un litro de sangue humano contén ao redor de seis mil millóns destas células.

Os fagocitos humanos e doutros animais poden ser fagocitos "profesionais" ou "non professonais" dependendo do efectivos que sexan na súa fagocitose.[1] Os fagocitos profesionais son os neutrófilos, monocitos, macrófagos, células dendríticas, e mastocitos.[2] A principal diferenza entre os fagocitos profesionais e non profesionais é que os fagocitos profesionais presentan moléculas receptoras na súa superficie que poden detectar obxectos daniños, como bacterias, que non se atopan normalmente no corpo. Os fagocitos son fundamentais na loita contra as infeccións, e no mantemento da saúde dos tecidos ao eliminaren as células moribundas que chegaron ao final do seu ciclo de vida.[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ernst, J. D.; Stendahl, O., eds (2006). Phagocytosis of Bacteria and Bacterial Pathogenicity. New York: Cambridge University Press. ISBN 0-521-84569-6
  2. Robinson, J. P.; Babcock, G. F., eds (1998). Phagocyte Function — A guide for research and clinical evaluation. New York: Wiley–Liss. ISBN 0-471-12364-1
  3. Thompson, CB (1995). "Apoptosis in the pathogenesis and treatment of disease". Science 267 (5203): 1456–62. doi:10.1126/science.7878464. PMID 7878464

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fagocito