Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC é a institución na que se imparte a Licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración e o programa de doutoramento Procesos Políticos Contemporáneos.

Obxectivos da licenciatura[editar | editar a fonte]

A licenciatura ten como obxectivos proporcionar uns amplos coñecementos en materias que permitan analizar os procesos e estruturas políticas e administrativas contemporáneas que capaciten para poder desenvolver funcións de responsabilidade de xestión media ou alta nas administracións públicas do estado así como en organizacións de carácter internacional.

Orientacións[editar | editar a fonte]

Está estruturada en cinco cursos académicos e conta con tres plans de orientación distintos:

  • Ciencia Política.
  • Administración Pública
  • Estudos Internacionais.

Entre as liñas de investigación dos seus docentes destaca a de estudos políticos, nacionalismo, cooperación internacional e estudos de xénero.