Factotum (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Factotum
Autor/aCharles Bukowski
OrixeEstados Unidos
Linguainglés
Xénero(s)Novela, Realismo sucio
EditorialBlack Sparrow Books
Data de pub.1975
Formatorústica
ISBNISBN 0-87685-263-7
editar datos en Wikidata ]

Factotum é a segunda novela do estadounidense Charles Bukowski, publicada en 1975. A trama narra a historia do alter ego do autor, Henry Chinaski, que foi rexeitado por mor da segunda guerra mundial, e mentres tanto converteuse nun factotum, facendo traballos de todo tipo.

Trama[editar | editar a fonte]

Factotum está ambientada en 1944, e segue a vida do alcólico e desempregado Henry Chinaski, nos barrios pobres das rúas de cidades como Os Ánxeles, Nova York, Nova Orleáns ou St. Louis. Busca traballos compatibles co seu maior amor: a escritura. Os seus relatos adoitan ser rexeitados, pero non perde a esperanza, dado que calquera escritor se considera o mellor do mundo.

Namentres, ten varias mozas, desde camareiras, a rapazas perdidas coma el. Tamén coñece algún compañeiro co que apostar nos hipódromos e beber unhas cantas cervexas ou whisky escocés.

Adaptacións cinematográficas[editar | editar a fonte]

A novela foi levada ó cine no ano 2005 por Bent Hamer co título de Factotum, con Matt Dillon no papel de Chinaski.