Fabrizio De André
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Fabrizio De André | |
|---|---|
| Nome completo | Fabrizio Cristiano De André |
| Alias | "Faber" |
| Naceu | 18 de febreiro de 1940 |
| Orixe | Xénova |
| Morreu | 11 de xaneiro de 1999, Milán - Milano |
| Ocupación (s) | Cantautor |
| Xénero | Folk, Folk rock, Chanson |
| Instrumento(s) | Voz, guitarra, guitarra acústica |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | |
| Tempo en activo | 1961-1998 |
| Web | Fondazione De André |
Fabrizio De André, nado en Xénova o 18 de febreiro de 1940 e finado en Milán o 11 de xaneiro de 1999, foi un cantante e compositor italiano.
Traxectoria [editar]
Na súa obra, cantou principalmente historias de marxinados, rebeldes e desherdados. Moitas das súas letras, entre as que se inclúen textos en lingua lígur, son mesmo estudadas como expresión importante da poesía do século XX na Italia.
Faber, o seu alcume máis coñecido, atribúese ao seu amigo da infancia Paolo Villaggio; nos seus 40 anos de actividade musical produciu 15 álbums, unha cifra relativamente modesta, se callar determinada pola gran atención que o autor prestaba á calidade das súas obras.