Fabián Orellana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fabián Orellana
Información persoal
Nome Fabián Ariel Orellana Valenzuela
Nacemento 27 de xaneiro de 1986 (38 anos)
Lugar de nacemento Santiago de Chile
Altura 1.68 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Valladolid
Carreira xuvenil
Colo-Colo
2000–2004 Audax Italiano
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2009 Audax Italiano 117 (27)
2009–2011 Udinese 0 (0)
2009–2010Xerez (cedido) 26 (2)
2010–2011Granada (cedido) 35 (7)
2011–2013 Granada 17 (0)
2011–2012Celta (cedido) 37 (13)
2013–2017 Celta de Vigo 120 (19)
2017–2018 Valencia 0 (0)
2018Eibar (cedido) 17 (3)
2018–2020 Eibar 33 (3)
2020– Valladolid 0 (0)
Selección nacional
2007– Chile 40 (2)
Na rede
IMDB: nm4921848 FIFA: 281252 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 19 de maio de 2019.
Selección: actualizado a 31 de agosto de 2017.editar datos en Wikidata ]

Fabián Ariel Orellana Valenzuela, nado en Santiago de Chile o 27 de xaneiro de 1986, é un futbolista chileno. Xoga de centrocampista para o Real Valladolid da Liga Santander.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores de Colo-Colo, porén foi descartado polon primeiro equipo a causa da súa baixa estatura, polo que ficha polo Audax Italiano. Co equipo chileno obtivo a primeira praza na fase regular do Campionato Clausura en 2007, o que lle valeu a clasificación para a Copa Libertadores para a seguinte tempada.

As súas boas actuacións espertaron o interese de varios equipos de América e Europa, fichando finalmente polo Udinese Calcio en 2009. Porén so chegou a disputar encontros amigábeis de pretempada, xa que foi cedido ao Xerez CD da Primeira División Española para a tempada 2009/2010[1] e ao Granada CF na 2010/11 para axudar ao equipo a ascender á máxima categoría.

Tras os bos resultados, xa que marcou goles decisivos para o ascenso do club, o Granada fichouno en propiedade. Porén as malas relacións co adestrador do equipo, Fabriciano González, fixeron que saíse cedido a outro equipo antes de comezar a tempada.

Na tempada 2011/12 chega cedido con opción de compra ao Celta de Vigo[2], por aquel entón en Segunda División. Debutou co equipo na primeira xornada, o 26 de outubro de 2011, e finalizou a tempada disputando 33 encontros con 13 tantos e 11 asistencias, colaborando no ascenso do equipo a Primeira División.

A pesar dos esforzos do Celta o alto prezo do xogador fixeron que volvese a Granada ao ano seguinte[3]. Porén o equipo vigués recuperariao no mercado de inverno, por un prezo de 1,2 millóns de euros e o 40% dunha futura venda.[4]

Coa selección de fútbol[editar | editar a fonte]

Foi convocado pola Selección de fútbol de Chile absoluta nas eliminatorias para o Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 contra as seleccións de Arxentina e Perú trala lesión do titular Alexis Sánchez, porén non chegaría a debutar.

Pouco despois foi convocado por Marcelo Bielsa para formar parte da selección sub-23 que iría ao Torneo Esperanzas de Toulon, en Francia, onde a selección chilena rematou na segunda posición cunha grande actuación de Orellana.

O seu bo papel levouno a debutar finalmente coa Selección o 15 de outubro de 2008 ante Arxentina, marcando o gol do triunfo, a causa deste gol foi alcumado O histórico xa que era o primeiro triunfo na historia de Chile sobre Arxentina na fase previa dun Mundial. O 10 de outubro de 2010 tamén anota un dos goles da vitoria sobre Colombia, vitoria que clasificou a Chile para a Copa do Mundo.

En 2010 debutou nun Mundial de Fútbol disputando un encontro en Suráfrica 2010.

Notas[editar | editar a fonte]