FSweekend

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pilotos operando unha cabina de voo durante a FSweekend de 2009
O Aviodrome en Lelystad.

A FSweekend é un dos maiores eventos de simulación de voo do mundo. Realízase desde 1999 anualmente, celebrándose a partir de 2005 a comezos de novembro no Aviodrome do Aeroporto de Lelystad. Participan clubs, revistas, construtores de cabinas de voo, aeroliñas virtuais e compañías produtoras de software e hardware para simulacións de voo. No ano 2007 participaron 300 exhibidores.

Historia[editar | editar a fonte]

A asociación de amigos do Aviodrome organizou o 4 de outubro de 1998 un pequeno evento de simulación de voo no Aviodrome, que entón estaba no Aeroporto de Ámsterdan-Schiphol que atraeu a máis visitantes dos previstos a pesar de non se realizar publicidade da cita, debido a este éxito volveu a organizar como evento anual 1999 dentro da Semana da Ciencia e da Técnica en outubro, a partir de 2005 celébrase a comezos de novembro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]