FC St. Pauli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
St. Pauli
NomeFußball-Club St. Pauli
Alcume(s)Die Freibeuter der Liga
(Os piratas da Liga)
Kiezkicker
Fundación15 de maio de 1910
EstadioMillerntor-Stadion
Hamburgo
Inauguración1963
Capacidade24.487
PresidenteAlemaña Stefan Orth
AdestradorAlemaña André Schubert
Liga2. Bundesliga
2021/225.º
VestimentaDo you football
PatrocinadorEin Platz an der Sonne
Na rede
http://www.fcstpauli.com/
Facebook: FCSP Twitter: fcstpauli Instagram: fcstpauli Youtube: UCmjYwKDykQSA9VtqaT-OVdA Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Fußball-Club St. Pauli é un club polideportivo alemán con sede no barrio de Hamburgo de Sankt Pauli (Hamburg-Mitte). A sección de fútbol é a de maior importancia do club, mais tamén posúe equipos de rugby, fútbol americano, béisbol, boxeo, xadrez, ciclismo ou balonmán, entre outros.

Na tempada 2003-04 descenderon até a Regionalliga, nese momento a terceira división do fútbol en Alemaña, e permaneceron alí durante catro anos. En 2007 o St. Pauli ascendeu de novo á 2. Fußball-Bundesliga, división na que compite actualmente tras descender en 2011 da 1. Bundesliga, máxima categoría do fútbol xermano.

Aínda que a nivel futbolístico o equipo non obtivo demasiados éxitos, é amplamente recoñecido por ser un club de culto debido ás súas peculiaridades únicas, entre as cales está o uso de bandeiras piratas como emblema oficioso, competir nun torneo internacional de seleccións co nome de "República de St. Pauli" ou declararse antifascista nos propios estatutos do club.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

St. Pauli cara ao 1900.

O club fundouse en 1899 como un grupo informal de entusiastas do fútbol dentro da Hamburg-St. Pauli Turn-Verein 1862. Este equipo non xogou o seu primeiro partido até 1907. Fundado oficialmente o 15 de maio de 1910, o club xogou como "St Pauli TV" na Kreisliga Groß-Hamburgo (Alsterkreis) até 1924 cando se formou por separado un equipo de fútbol chamado Fußball-Club St. Pauli.

O equipo xogou como un insignificante "equipo de metade de táboa cara abaixo" até a creación do primeiro equipo en 1934 na Gauliga Nordmark, competición de primeiro nivel, unha das dezaseis divisións creadas na reorganización de fútbol alemán que ocorreu durante o Terceiro Reich. O Sankt Pauli descendeu de categoría inmediatamente, pero volveron de novo á máxima competición en 1936. Tras descender outra vez en 1940, o "St Pauli" reaparecería na Hamburgo Gauliga en 1942, onde xogaría até o final da segunda guerra mundial.

O fútbol da posguerra[editar | editar a fonte]

Tribuna Sur do estadio.

Despois da guerra, o club volveu xogar na Oberliga Nord en 1947. Unha grande actuación na tempada 1947-48, na cal finalizou en segundo posto, levou ao St. Pauli á súa primeira participación importante no campionato nacional. O equipo chegou ás semifinais onde foron eliminados ao caer por 2 a 3 ante os futuros campións, o 1. FC Nürnberg. O club seguiu xogando ben durante principios dos anos 1950, mais era incapaz de acadar o nivel de rivais como o Hamburger SV, terminando no segundo posto en cinco do sete seguintes tempadas e quedando eliminado nas primeiras roldas en cada unha das súas participacións no campionato nacional desde 1949 a 1951. Na segunda metade da década dos 1950 e principios dos anos 1960, o St. Pauli foi superado por rivais como o Werder Bremen e o VfL Osnabrück, sendo incapaz de superar os cuartos de final.

Promoción á Bundesliga[editar | editar a fonte]

En 1963, fundouse a Bundesliga, a nova liga profesional de primeira división de Alemaña Occidental. Equipos como o Hamburgo, o Werder Bremen ou o Eintracht Braunschweig uníronse á liga tras terminar nos primeiros postos da Oberliga Nord, mentres que o St. Pauli permaneceu na segunda división (Regionalliga Nord). O éxito da Bundesliga e o crecemento de fútbol profesional en Alemaña Occidental levou á formación da 2. Bundesliga en 1974. O St. Pauli formou parte da nova liga e en 1977 logrou ascender á Bundesliga grazas a quedar campión da súa división. O equipo descendeu tras xogar unicamente unha tempada na Bundesliga.

O regreso do club á 2. Bundesliga foi tamén efémero. En 1979, ao bordo da bancarrota, negóuselle a licenza para a tempada seguinte e foi relegado á Oberliga Nord (III División). Os bos resultados do equipo á fronte da competición en 1981 e 1983 non viñeron acompañados por unha boa situación financeira. En 1984, o club suficientemente saneado, recuperou a categoría ascendendo á 2. Bundesliga, por diante da sección afeccionada do Werder Bremen, que en realidade terminara dous puntos diante St. Pauli, pero non podían xogar a promoción.

Un club "de culto"[editar | editar a fonte]

Bandeira pirata utilizada polos seareiros e o club.

Foi a mediados dos anos 1980 cando o St. Pauli comezou a transición de club tradicional a un club de culto. O cambio comezou coa mudanza dos seus terreos de xogo ao peirao de St. Pauli, preto do famoso Reeperbahn de Hamburgo, centro da vida nocturna da cidade e do barrio vermello. Así, de maneira espontánea xurdiron os ideais alternativos do club: a política de esquerdas (comunismo e socialismo), anarquismo, pola que se inclina o club, e a atmosfera festiva característica dos seus partidos.

O St. Pauli converteuse no primeiro equipo en Alemaña en prohibir oficialmente os símbolos da dereita nacionalista e as actividades fascistas, nunha época en que estas correntes inspiraban o vandalismo no fútbol. En 1981, o equipo tiña unha asistencia media de só 1.600 espectadores por partido: antes de finais dos anos 1990 esa media aumentou a 20.000 espectadores por partido.

Foi tamén durante a década de 1980 cando o primeiro equipo comezou a ser asociado co símbolo que adoptaron os seus seareiros: a caveira con ósos cruzados, que chegou a ser o seu propio emblema non oficial do club. Este símbolo estivo sempre asociado ao barrio de Sankt Pauli dun ou doutro xeito. Hamburgo foi a cidade adoptiva do pirata máis famoso de Alemaña, Klaus Störtebeker, pero o que debe ser acreditado como introdutor do símbolo no club é, probablemente, Doc Mabuse, o cantante dunha banda punk de Hamburgo que, como conta a lenda, tomou por vez primeira a bandeira dun posto ao pasar a través do Hambuerger Dom, bébedo no seu camiño cara ao Millerntor-Stadion.

Pub "Jolly Roger" frecuentado por seareiros do club.

Na década de 1990, os medios de comunicación alemás espallaron a imaxe de culto do club, centrándose na parte punk dos seareiros nas emisións de televisión dos partidos. Nese momento, os medios de comunicación tamén empezaron a establecer alcumes como Freibeuter der Liga ("bucaneiros da liga"), así como das Freudenhaus der Liga ("Bordel da liga", aínda que tamén significa literalmente "Casa de ocio").

O St. Pauli estivo ascendendo e descendendo da Bundesliga no transcurso dos seguintes doce anos. O club mesmo descendeu á Oberliga (terceira división) na tempada 1984-85, mais gañou o campionato ao ano seguinte regresando á 2. Bundesliga. Tras dous bos anos ascende, e permanece durante tres tempadas na 1. Bundesliga (1988-1991). Logo pasa outras catro tempadas seguidas en 2. Bundesliga, para posar outras dúas na máxima categoría (1995-1997, para volver a descender.

No novo milenio[editar | editar a fonte]

Conmemoración no 100 aniversario do club.

En 2001-02 o club logrou xogar na 1. Bundesliga. Esta aventura case levou á bancarrota ao club que tivo que levar a cabo iniciativas chamadas "Retteraktion" para liquidar a súa débeda. Imprimíronse camisetas coa imaxe do club rodeada pola palabra "Retter" (salvador) e lográronse vender máis de 140.000 en tan só seis semanas. Tamén se organizou un partido benéfico contra o Bayern München para tentar rescatar ao club e sanealo economicamente. O club tamén foi activo en accións benéficas e humanitarias. En 2005 o club, o equipo e os seareiros iniciaron a campaña "Viva con auga de Sankt Pauli", coa que se reuniu diñeiro para dispensadores de auga para escolas de Cuba.

Durante a tempada 2005-06, o equipo gozou dun éxito sen precedentes na DFB Pokal, vencendo ao Wacker Burghausen, ao Bochum e ao Hertha Berlin e, nos cuartos de final o día 25 de xaneiro de 2006 ao Werder Bremen por 3-1 nun Millerntor-Stadion cheo, conseguindo un lugar nas semifinais da Copa de Alemaña. Cos triunfos o club conseguiu ingresar aproximadamente 1 millón de euros en concepto de dereitos de TV e patrocinios. Tras as súas vitorias na DFB Pokal, o club tamén lanzou unha nova liña de camisetas coa lema "Wir sind Pokal" (Somos a Copa). O diario Bild titulou despois "Wir sind Papst" (Somos o Papa). O St. Pauli foi finalmente eliminado da copa ao caer fronte ao Bayern München o 12 de abril por 3-0 cun gol de Owen Hargreaves e dous de Claudio Pizarro.

Despois do éxito conseguido na tempada 2006/2007 na Regionalliga Nord (na cal finalizou 1º), o equipo ascendeu á 2. Bundesliga. Na tempada 2009-10 volveu conseguir un novo o ascenso á máxima categoría do fútbol xermano, mais descenderon a falta dunha xornada para a finalización do campionato, rematando no último posto.

Estadio[editar | editar a fonte]

Fachada do estadio.
Artigo principal: Millerntor-Stadion.

O fogar do club é o Millerntor-Stadion. A construción do estadio comezou en 1961, pero a súa terminación foi atrasada porque había inicialmente rede de sumidoiros no lugar, facendo que non se puidesen xogar os partidos con choiva. Tivo orixinalmente capacidade para 32.000 espectadores, pero o número de asentos reduciuse estes últimos anos por motivos de seguridade. En 1970, o estadio foi rebautizado como Wilhelm Koch, en honra dun presidente anterior do club, pero isto causou polémica, xa que se descubriu que fora un membro do Partido Nazi durante a guerra, así que o nome foi cambiado de novo a Millerntor en 1999.

Actualmente, o estadio está a ser remodelado. A obra require unha reconstrución total do estadio (ampliación da capacidade, novas graderías etc) e espérase que sexa terminada en 2014 e teña un custo de ao redor de 30 millóns de euros. A capacidade será de 30.000 espetadores. O estadio está localizado preto do Heiligengeistfeld e supervisado pola torre Flak (un búnquer para a defensa antiaérea da segunda guerra mundial). Pódese chegar ao estadio sinxelamente coa liña U3 do metro de Hamburgo, estacións de St. Pauli e Feldstraße.

Seareiros[editar | editar a fonte]

Logo nun vehículo.

O FC. St Pauli goza de certa fama polo carácter antifascista dos seus seareiros: a maior parte dos seareiros do equipo considéranse a si mesmos como antirracistas, antifascistas e antisexistas, e isto en ocasións tróuxolles conflito con neonazis e hooligans. A organización ten unha postura aberta contra o racismo, o fascismo, o sexismo, e a homofobia e incorporou esta posición nos seus estatutos. Os partidarios do equipo tradicionalmente participan en manifestacións no distrito de St. Pauli, incluíndo aqueles sobre o aloxamento de baixos ingresos como o Hafenstraße e Bambule. O centro de actividade dos fans é o "Fanladen St. Pauli". O orgullo do club, é ter o número máis grande de admiradoras en todo o fútbol alemán. En 2002, a publicidade para a revista de homes "Maxim", foi retirada do estadio en resposta ás protestas de seareiras, sobre as imaxes sexistas de mulleres nos anuncios.

O grupo Ska-punk Kollmarlibre coas camisolas do St. Pauli.

O St. Pauli é tamén un símbolo mundial para o punk e subculturas relacionadas. O logo non oficial e os xerseis marróns e brancos do equipo a miúdo eran levados por artistas internacionais como Asian Dub Foundation, The Gaslight Anthem ou Panteón Rococó. Turbonegro gravou unha versión especial da súa canción I Got Erection coa letra adaptada en alemán para o St. Pauli. Bad Religion xogou un partido de caridade contra o terceiro equipo de St. Pauli no ano 2000. O líder de KMFDM, Sascha Konietzko é natural de Hamburgo e recoñecido seareiro do St. Pauli, unha vez colocou un enorme cadro dun puño que rompe unha esvástica na páxina principal da súa banda, co título St. Pauli gegen Rechts! (St Pauli contra os Nazis). Un dos seareiros máis notables é Andrew Eldritch, o líder da banda The Sisters of Mercy. Na xira de 2006 Sisters Bite The Silver Bullet Eldritch levou a famosa camisa Totenkopf. Músicos alemáns, como: Fettes Brot, Die Ärzte, o cantante Bela B, Kettcar, Tomte e moitas outras bandas son seareiros recoñecidos do St. Pauli.

Os partidos do St. Pauli no Millerntor-Stadion teñen unha media de asistencia maior que calquera outro equipo na segunda división alemá, e a miúdo superior que os de equipos de primeira división. Un estudo recente estimou que o equipo ten aproximadamente 11 millóns de admiradores en todas partes de Alemaña. O club tamén é famoso polos seus estreitos vínculos co Celtic F.C. de Glasgow (Escocia). De feito, moitos seguidores do St Pauli acoden a ver partidos de competicións organizadas pola UEFA en Europa Central. Cando o Celtic xoga en casa, pódense apreciar moitas bufandas do St Pauli na bancada, e mesmo a tenda oficial online do Celtic vende produtos do St Pauli. Hai aproximadamente 200 clubs de fans certificados, moitos deles fóra de Alemaña.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Datos do 22 de novembro de 2011.
Benedikt Pliquett.
Posto País Xogador
1 POR Alemaña Benedikt Pliquett
2 DEF Alemaña Moritz Volz
3 DEF Alemaña Lasse Sobiech
4 DEF Alemaña Fabio Morena
5 DEF Carlos Zambrano
6 MED Alemaña Patrick Funk
7 DIA Alemaña Rouwen Hennings
8 MED Alemaña Florian Bruns
9 DIA Alemaña Marius Ebbers
10 MED Alemaña Charles Takyi
11 DEF Alemaña Ralph Gunesch
13 POR Alemaña Philipp Tschauner
14 DIA Croacia Petar Slišković
16 DEF Alemaña Markus Thorandt
17 MED Alemaña Fabian Boll
Posto País Xogador
18 MED Alemaña Max Kruse
19 DIA Mahir Saglik
20 DEF Alemaña Sebastian Schachten
22 DIA Alemaña Fin Bartels
23 DIA Alemaña Deniz Naki
24 DEF Alemaña Carsten Rothenbach
25 MED Alemaña Kevin Schindler
27 DEF Alemaña Jan-Philipp Kalla
30 MED Alemaña Dennis Daube
31 MED Alemaña Deniz Herber
32 DEF Davidson Drobo-Ampem
33 POR Alemaña Ole Springer
34 POR Alemaña Arvid Schenk
35 MED Alemaña Petar Filipović

Destacados[editar | editar a fonte]

Internacionais[1]
Equipo ideal

En 2010, como parte dos actos de celebración do 100 aniversario do club, os fans votaron aos seguintes xogadores como os mellores da historia do club:[2]

Adestradores[editar | editar a fonte]

A cultura do club[editar | editar a fonte]

Tenda de agasallos no estadio.
Outra foto da tenda.
  • O St. Pauli abre os seus partidos de local con Hells Bells de AC/DC, e despois de cada gol do St. Pauli, a Song 2 (Canción 2) de Blur.
  • A rivalidade desenvolvida entre o St. Pauli e o Hansa Rostock a principios dos anos 1990 debido ao gran número de neonazis seareiros do "Hansa" naquel tempo. Como a dirección do Hansa Rostock tivo a estes grupos baixo control e finalmente prohibiunos, e debido a que os dous equipos non xogaron na mesma liga nos últimos anos, a rivalidade perdeu o brillo.
  • O arquinimigo do club é o Hamburger SV, o club máis grande da cidade de Hamburgo. Máis aló do derby os partidos celebráronse baixo vixilancia policial para manter separadas a ambas as inchadas, xa que o HSV ten un pequeno, pero notorio, grupo de seareiros neo-fascistas. Durante os derbies, algúns partidarios do Hamburgo utilizan bandeiras coa palabra "HASS" (odio), ou cantan o "Zecke verrecke!", mentres que a inchada do St. Pauli cantan a miúdo como resposta, en alusión á escena italiana ultra-esquerdista, o "Amburgo, Amburgo: Vaffanculo!" (Hamburgo, Hamburgo: váianse á merda!). Debido a que o estadio do Hamburgo queda nos arredores da cidade, moitos seareiros do St. Pauli ven ao seu club como o único club de fútbol "verdadeiro" na cidade.
  • Os seareiros do St. Pauli refírense ás veces ao club como Weltpokalsiegerbesieger (Gañadores do Campión Mundial de Clubs) despois do seu triunfo de local en 2002 por 2 a 1 contra o Bayern Múnic, entón gañadores da Copa Intercontinental. Outro alcume popular para o club é Freibeuter der Liga (Piratas da liga) así como o de Freudenhaus der Liga (Casa de Diversión (ou inclusivo Bordel) da liga).
  • O club tamén posúe un equipo feminino de rugby, o cal gañou oito títulos nacionais (1995, 2000, 2001, 2003, 200508).
  • O seu presidente entre 2002 e 2010, Corny Littmann, é abertamente homosexual.
  • É o club con maior número de seguidoras femininas.
  • O club foi anfitrión da FIFI Wild Cup 2006, un torneo composto por seleccións nacionais non recoñecidas pola FIFA como Groenlandia, o Tíbet e Zanzíbar. O club participou co nome de "República de St. Pauli".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jankowski/Pistorius/Prüß, Fußball im Norden (Barsinghausen 2005), p. 100
  2. "FC St. Pauli Jahr100Elf steht offiziell fest". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2011. Consultado o 22 de novembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]