FC Argeș Pitești

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Argeș Pitești
NomeFC Argeș Pitești
Fundación1953
EstadioStadionul Nicolae Dobrin
Capacidade15.170
PropietarioConcello de Pitești
AdestradorEmil Săndoi
LigaLiga II
Tempada 2017/18
Na rede
http://www.argesfc.ro/
Facebook: argesfc.ro Instagram: fcarges1953 Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O FC Argeș Pitești é un equipo de fútbol romanés, da cidade de Piteşti, en Argeș. Actualmente xoga na segunda división romanesa.

Historia[editar | editar a fonte]

Na rexión de Argeș o primeiro equipo de fútbol foi o Campulung Muscel, fundado en 1915, e o primeiro na cidade de Piteşti o Sageata, fundado en 1921, a este seguírono o Macaby (1923), o Triumf (1923), o Trivale (1923) e o Victoria i Sportivă Piteşti (1924).

O 15 de agosto de 1926 creouse o Sporting Club Pitesti, que sería o equipo máis importante ata a segunda guerra mundial.

O Argeș Piteşti foi fundado en 1953 co nome de Dinamo Pitești, confirmado cunha orde do Ministerio do Interior o 6 de agosto de 1953, entrando en competición co outro club da cidade, o Sporting Piteşti. Debutou na Primeira División Romanesa no ano 1961 e foi un dos equipos máis importantes na década de 1970, gañando dous campionatos nacionais

Evolución do nome[editar | editar a fonte]

  • 1953: Dinamo Piteşti
  • 1968: FC Argeş Piteşti
  • 1994: FC Argeş Dacia Piteşti
  • 2002: FC Argeş Piteşti

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Primeira División de Romanía (2): 1972 e 1979
  • Segunda División de Romanía (4): 1961, 1963, 1994 e 2008.
  • Terceira División de Romanía (1): 2017
  • Cuarta División de Romanía (1): 2012

Xogadores históricos[editar | editar a fonte]

Adrian Mutu

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Páxina oficial