Federación de Asociaciones para la Prevención del Maltrato Infantil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «FAPMI»)
Federación de Asociaciones para la Prevención del Maltrato Infantil
Tipoorganización paraugas
Campo de traballoprotección da infancia
PaísEspaña
Na rede
https://www.fapmi.es/
editar datos en Wikidata ]

A Federación de Asociaciones para la Prevención del Maltrato Infantil (FAPMI) é unha entidade sen ánimo de lucro na que se integran persoas e asociacións sensibilizadas coa defensa dos dereitos dos menores e tratan de promocionar un bo trato de nenos, nenas e adolescentes. As súas actividades céntranse nas seguintes áreas:

  • Protección á infancia.
  • Prevención do maltrato a nenos, nenas e adolescentes.
  • Fomento do bo trato na infancia.
  • Promoción dos dereitos do neno.

Traballan múltiples valores entre os que podemos destacar:

  • Os orientados cara ás persoas: respecto pola dignidade humana e a defensa dos seus dereitos, a solidariedade entre quen forma parte da organización.
  • Orientados cara a organización: a xestión da organización a medida das necesidades e as expectativas dos seus destinatarios; participación de tódalas persoas xa sexan voluntarios, profesionais ou usuarios como valor primordial para conseguir unha maior motivación e eficiencia nos servizos.
  • Orientados á sociedade: a transparencia na xestión dos recursos e a demostración na súa eficiencia; a responsabilidade social e o compromiso permanente cara esa responsabilidade.

As liñas de axuda que ofrece esta federación son as seguintes:

  • Teléfono europeo de axuda á infancia: 116111.
  • Teléfono europeo de alerta de nenos desaparecidos: 116000

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]