North American F-86 Sabre
| F-86 Sabre | |
|---|---|
| Sabre F-86A | |
| Tipo | Caza |
| Fabricante | North American |
| Primeiro voo | 1 de outubro de 1947 |
| Introducido | 1949, USAF |
| Retirado | 1994, Bolivia |
| Construídos | 9.860 |
O North American F-86 Sabre foi un avión de combate transónico desenvolvido pola USAF nos anos 40, xusto despois do remate da Segunda Guerra Mundial, e foi un dos cazas de maior produción en occidente, sendo usado en forzas aéreas de máis de 30 países. É sobre todo famoso polo seu enfrontamento co MiG-15 soviético durante a guerra de Corea.
A pesar de desenvolverse a finais dos anos 40 e de quedar obsoleto unha década máis tarde, o Sabre demostrou ser capaz de adaptarse e continuou servindo como caza de primeira liña en moitas forzas aéreas. Os últimos exemplares retiráronse coa forza aérea de Bolivia en 1994.
O seu éxito permitiu que se construísen máis de 7.800 exemplares entre 1949 e 1956 nos Estados Unidos, Xapón e Italia. Foi de lonxe o caza occidental máis fabricado, cunha produción total de 9.860 de todas as súas variantes.
Fabricáronse variantes do Sabre en Canadá e en Australia. Do Canadair Sabre, a variente canadense, construíronse 1.815 unidades; e do redeseñado CAC Sabre australiano (tamén coñecido coma Avon Sabre ou CAC CA-27) producírose 112 exemplares.