F-1 (motor foguete)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
F-1
Esquema dun motor F-1.
País de orixeEstados Unidos[1]
FabricanteRocketdyne
AplicaciónPrimeira etapa dos Saturno V[1]
EstadoFóra de produción[1]
Motor de combustible líquido
PropelenteOxíxeno líquido / Queroseno[1]
Taxa de mestura2,27
Configuración
Taxa da tobeira100[1]
Rendemento
Pulo (no baleiro)7740,5 kN[1]
Pulo (nivel do mar)6747,5 kN[1]
Presión na cámara70 atmosferas[1]
Isp (baleiro)304 s[1]
Isp (nivel do mar)265 s[1]
Tempo de acendido161 s[1]
Dimensións
Lonxitude5,64 m[1]
Diámetro3,72 m[1]
Peso seco8391 kg[1]
Usado en
Saturno V

O motor foguete F-1 foi un motor desenvolvido polos Estados Unidos para o seu uso na primeira etapa do foguete Saturno V. É o motor foguete de propelente líquido dunha soa cámara máis potente xamais posto en servizo. Fabricado por Rocketdyne, consumía oxíxeno líquido e queroseno e producía un pulo de 6747 kN. Tiña unha masa de 8391 kg, unha altura de 5,64 m, un diámetro de 3,72 m e un impulso específico de 264 s a nivel do mar. Cada primeira etapa dun Saturno V usaba cinco motores F-1, que permanecían acendidos durante 161 s durante o lanzamento. [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 Mark Wade (2011). "F-1" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]