Fórmula (homónimos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo fórmula pode referirse a:

Na linguaxe común:

  • Fórmula é a síntese dun razoamento, e non un subterfuxio para non razoar en xeral. Tamén pode aplicarse á maneira apropiada para realizar certas cousas (p.ex.: aínda non din coa fórmula para manter aos alumnos calados na clase). Así mesmo, tamén se denomina así a unha forma establecida ou consagrada polo uso para expresar ou realizar unha cousa. P. ex.: O tratamento de vostede é una fórmula de cortesía.
  • Fórmula, nota na que se enumeran os ingredientes cos que se debe compoñer unha cousa, indicando ou non o modo de facela. Cando se indica a forma de facela, adoita chamarse receita de cociña. P. ex.: Nos envases dos alimentos preparados debe figurar, por lei, a fórmula cualitativa dos ingredientes, por orde de maior a menor das cantidades empregadas na súa elaboración (nas etiquetas vai precedida da palabra ingredientes).

En lóxica:

En matemáticas e ciencias naturais, é unha representación simbólica de información:

En matemáticas:

En química:

  • Fórmula química, expresión, mediante símbolos químicos e números, da composición dunha especie química. P. ex.: a fórmula da auga é H2O. Pode ser:
    • Fórmula empírica, ou fórmula molecular, fórmula química na que se indica unicamente a composición da especie química, é dicir, o número de átomos de cada clase que intervén na constitución das súas moléculas. P. ex.: a fórmula empírica da glicosa é C6H12O6.
    • Fórmula semidesenvolvida, fórmula química na que se expresan as agrupacións de átomos que constitúen a molécula, e os enlaces característicos da mesma. (Úsase sobre todo en química orgánica). P. ex.: a fórmula semidesenvolvida do ácido acético é CH3─COOH.
    • Fórmula desenvolvida, fórmula química na que, ademais de sinalar o número de átomos que interveñen nunha especie química, indica como estes átomos están unidos entre si. P. ex.: a fórmula desenvolvida do dióxido de carbono é O=C=O.
    • Fórmula espacial ou fórmula estereoquímica, fórmula química que expresa o número de átomos que constitúen a molécula dunha substancia, que átomo está unido a que outro ou outros, os tipos de enlaces que interveñen e as posicións relativas dos átomos no espazo. (A xeometría da molécula exprésase mediante diagramas en 2D ou 3D). Cf. Fórmula estrutural.
    • Fórmula estrutural, fórmula química na que se expresa o número de átomos de cada elemento que constitúen a molécula dunha substancia, que átomo está unido a que outro ou outros e con que tipo de enlaces. Cf. Fórmula espacial
    • Fórmula de vant’Hoff, en química orgánica, expresión que establece que o número de estereoisómeros dunha molécula dun glícido é igual a 2n, sendo n o número de átomos de carbono asimétricos da mesma.

En anatomía e zooloxía:

  • Fórmula dentaria, fórmula que expresa o número e clase de dentes de cada especie de mamífero e do home, por hemimandíbula superior e inferior. P. ex.: a fórmula dentaria humana é 2.1.2.3 / 2.1.2.3.
  • Fórmula vertebral, expresión mediante símbolos e números do número de vértebras do home ou de calquera animal vertebrado. P. ex.: no home á fórmula vertebral é C7D12L5S5C4 = 33, na que o primeiro C indica cervicais; D, dorsais; L, lumbares; S, sacras, e o último C, coccíxeas.

En botánica:

  • Fórmula floral, conxunto ordenado de signos, letras e cifras que indican abreviadamente a estrutura dunha flor.

En medicina e farmacia:

  • Fórmula maxistral ou, simplemente fórmula, é unha fórmula confeccionada polo médico para un enfermo determinado, na que se enumeran o conxunto de compoñentes, indicando as súas cantidades, dun medicamento, e que se prepara nunha oficina de farmacia, en oposición aos medicamentos específicos, que se preparan en laboratorios farmacéuticos especializados.

En hematoloxía:

  • Fórmula citolóxica, proporción e número respectivo dos diversos elementos que figuran nun líquido normal ou patolóxico. P. ex.: Fórmula leucocitaria.
  • Fórmula de Arneth, fórmula citolóxica resultante dunha clasificación dos leucocitos polinucleares neutrófilos segundo o número de lóbulos nucleares, que demostra que, normalmente, os máis dos polinucleares teñen un núcleo con dous ou tres lóbulos.
  • Fórmula leucocitaria, expresión da proporción existente entre as diferentes variedades de leucocitos.

En crisatalografía:

  • Fórmula de Bragg, relación entre o ángulo de incidencia, a distancia entre os planos reticulares dun cristal e a lonxitude de onda dos raios X, para que estes se reflictan naquel.

En xenética:

  • Fórmula cromosómica, expresión abreviada da constitución cromosómica dun núcleo diploide, na que se indica o número e a forma dos cromosomas emparellados.
  • Fórmula xenética, expresión do xenotipo mediante letras maiúsculas e minúsculas representativas dos xenes; as letras iguais representan caracteres alelomórficos, indicando a maiúscula o dominante (de o haber) e a minúscula o recesivo.

Outros usos: