Félicien Trewey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Félicien Trewey en 1887

Félicien Trewey, nado Félicien-François Trevey o 23 de maio de 1848 en Angoulême e finado o 2 de decembro de 1920 en Asnières-sur-Seine, foi un célebre artista do entretemento francés, nos seus espectáculos incluía sombras chinesas, comedia, ilusionismo, acrobacia, maxia, chapeugrafía ou mímica.


Traxectoria[editar | editar a fonte]

Residente en Marsella desde neno aos quince anos formou parella artística cun mozo acróbata, actuando en cafés das vilas durante un ano para logo seguir en music halls de Marsella, realizando comedia e pantominas, chegando a actual no Alcazar un dos mellores locais da cidade e acadar o éxito coa súa actuación, converténdose nun dos artistas favoritos nas feiras das cidades e vilas da Provenza, creando a súa propia compañía itinerante de pantomima e variedades en 1867 cando tiña 19 anos [1]. En Bordeos acadou o éxito como acróbata e ao chegar a París o seu éxito foi rotundo, durante nove anos levou o seu espectáculos polas mellores salas da cidade, a partir de 1876[2] a súa fama fíxose internacional e percorreu moitas capitais europeas con grande éxito , actuando para o rei Eduardo VII, para o emperador de Austria ou o barón Rothschild e realizou unha xira polos Estados Unidos. As súas imitacións dos personaxes célebres da súa época como Gambetta, Bismarck, Thiers, Mistral ou Émile Zola tanto en sombras chinesas como en chapeugrafía foron unanimente recoñecidas como das mellores representacións da época [3]. Apareceu en varios filmes dirixidos polo seus amigos, os irmáns Lumière como Chapeaux a Transformations (1895),The Photographe (1895), Danseuses des rues (1896), Partie de cartes (1895) ata o punto de que mesmo algúns o consideran a primeira estrela cinematográfica [4], e os irmáns Lumière déronlle a concesión do seu invento no Reino Unido polo que é tamén tamén coñecido como o introdutor do cinematográfico Lumière no Reino Unido [5] ao dar a primeiro espectáculo con filme o 20 de febreiro de 1896 en Londres nun pase para a prensa e ao día seguinte para o público [6]. Publicou os libros Comment cela se fait (1890) e Papier multiforme (1913).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Yves Chevaldonné, « « L’homme en morceaux, raccommodé » : de Félicien Trevey au Professor Trewey », 1895. Mille huit cent quatre-vingt-quinze, 36 | 2002, consultado o 19 de marzo de 2013
  2. Yves Chevaldonné (2004) Nouvelles techniques et culture régionale: les premiers temps du cinéma dans le Vaucluse (1896-1914) Presses Université Laval, páx. 168
  3. [Vivian Carol Sobchack (2000) Meta-Morphing: Visual Transformation and the Culture of Quick-Change University of Minnesota Press, pp. 9-13]
  4. 1896 Film History: An International Journal Volume 24:4, 2012
  5. Who's Who of Victorian Cinema
  6. Pioneers of Early Cinema: 7. National Museum of Photography, Film & Television


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]