Ezequiel Rey Turnes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEzequiel Rey Turnes
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte1977 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , xornalista , político Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1913 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ezequiel Rey Turnes, nado en Santiago de Compostela na década dos noventa do século XIX e finado na mesma cidade en 1977,[1] foi un xornalista, sindicalista, e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Curtidor do barrio de Casasnovas e despois carpinteiro, foi directivo da Sociedade de Carpinteiros a partir de 1913. Foi delegado no congreso da CNT do Teatro de la Comedia de 1919 representando a seis sociedades obreiras santiaguesas, e nomeado secretario da Federación local de Compostela despois da súa fundación en 1921. Participou o ano seguinte en Vigo no congreso de fundación da CNT galega. Dirixente da Federación Agraria Comarcal de Santiago, promoveu o semanario Lucha Social (1919-1921) e colaborou con La Tierra. En 1922 acadou, xunto a Manuel Fandiño Ricart, a integración de todas as sociedades de Santiago de Compostela na Confederación Regional Galaica. Foi nomeado director de Solidaridad Obrera no plenario rexional do 18 de xaneiro de 1925, cando o periódico foi trasladada da Coruña a Santiago e en decembro dese ano participou da creación da Federación Marítima do litoral galego. Na Segunda República dirixiu Galicia Federal (1931). Foi detido pola Folga xeral revolucionaria de 1934 e procesado. Coa vitoria do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela. Foi membro do Comité Central de Autonomía de Galicia, representando á Organización Comarcal Agraria. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido gubernativo na Coruña en 1938, quedou en liberdade en setembro.

Nos primeiros anos do franquismo foi membro da Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas (ANFD). Dende mediados dos anos corenta ata os anos setenta colaborou en La Voz de Galicia co pseudónimo Aristarco,[2] e tamén publicou algún artigo co seu nome.[3] Tamén colaborou en La Noche.[4][5] Nos anos sesenta colaborou na revista Vieiros.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Antonia Seoane Fuentes, que finou en 1968, e foi pai de Auria, Emilio, Indalecio, Ascensión, Manuela, José, Manuel, Pablo, Luis e Gabriel Rey Seoane.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hoja Oficial del Lunes, 19-9-1977, p. 19.
  2. "Galicia Federal", El Pueblo Gallego, 18-9-1976, p. 3.
  3. "Un gallego en el Costa Verde. Pravia", La Voz de Galicia, 3-11-162, p. 9.
  4. "Peculiaridades del campesino gallego", La Noche, 9-6-1962, p. 10.
  5. "Visión social de nuestro problema agrario", La Noche, 9-2-1963, p. 3.
  6. La Voz de Galicia, 20-8-1968, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]