Explorer 9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Explorer 9 / S-56A
Explorer 9 / S-56A
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento16 de febreiro de 1961[1][2][3][4]
Foguete portadorScout X-1[2][5]
Sitio de lanzamentoWallops Flight Facility[2][5]
Obxectivo da misiónMedición de densidades na atmosfera superior[2][5]
Decaemento9 de abril de 1964[1][2][5]
NSSDC ID1961-004A
Masa36 kg[2]
DimensiónsEsfera de 3,66 m de diámetro[2]

Explorer 9, tamén denominado S-56A, foi un satélite científico da NASA lanzado o 16 de febreiro de 1961 desde Wallops Flight Facility a bordo dun foguete Scout X-1.[2][5]

Características[editar | editar a fonte]

Explorer 9 foi o primeiro dunha serie de satélites inflables esféricos de 3,66 metros de diámetro adicados a determinar a densidade da atmosfera superior.[2][5] Foi inxectado nunha órbita inicial de 2448 km de apoxeo e 749 km de perixeo cun período de 118,1 minutos e unha inclinación orbital de 38,81 graos[3] e foi o primeiro satélite en ser posto en órbita mediante un foguete de propelente sólido en tódalas súas etapas e o primeiro en ser posto en órbita con éxito desde Wallops Island.[2][5] O satélite era idéntico ao errado Explorer S-56, que non chegou a alcanzar órbita polo fallo da segunda etapa do seu foguete portador, estrelándose a 130 km do sitio de lanzamento, Wallops Island.[6]

A esfera do satélite estaba formada capas alternantes de aluminio e mylar. Sobre a capa externa, de aluminio, había círculos brancos de 5,1 cm de diámetro para o control térmico. A esfera inicialmente lanzouse empaquetada nun tubo de 21,6 cm de diámetro e 48,3 cm de longo que viaxaba no morro da última etapa do foguete Scout. Trala posta en órbita, unha botella de gas nitróxeno inflaba a esfera e un mecanismo de separación a apartaba do tubo contedor.[2][5]

Lanzamento do Explorer 9 mediante un foguete Scout X-1 desde Wallops Island.

Os dous hemisferios de aluminio da capa exterior da esfera estaban separados por unha banda ecuatorial de mylar que servía como antena para a baliza de 135 mW de potencia e 136 MHz de frecuencia usada para o seguimento do satélite. A baliza fallou antes de dar a primeira órbita e o seguimento tivo que facerse por medios ópticos. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares que alimentaban baterías recargables.[2][5]

Explorer 9 reentrou na atmosfera o 9 de abril de 1964.[1][2][5]

Resultados[editar | editar a fonte]

Entre outros, os datos de arrastre do Explorer 9 na atmosfera superior serviu para establecer o tempo que transcorre entre o pico dunha tormenta xeomagnética e o posterior máximo na densidade atmosférica.[7] Os datos ópticos foron analizados para determina-lo arrastre atmosférico[8] e o comportamento físico da atmosfera superior.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 9" (en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 NASA (4 de novembro de 2011). "Explorer 9" (en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 6 March 1962 from the Acting Secretary-General addressed to the Chairman of the Committee on the Peauceful Uses of Outer Space, transmitting a communication dated 5 March 1962 from the Permanent Representative of the United States of America" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE: 4. 7 de marzo de 1962. 
  4. "AERONAUTICAL AND ASTRONAUTICAL EVENTS OF 1961" (PDF). REPORT OF THE NATIONAL AERONAUTICS AND SPACE ADMINISTRATION TO THE COMMITTEE ON SCIENCE AND ASTRONAUTICS - U.S. HOUSE OF REPRESENTATIVES . EIGHTY-SEVENTH CONGRESS - SECOND SESSION: 7. 7 de xuño de 1962. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 6 de marzo de 2012. 
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: AD" (en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2012. 
  6. NASA (4 de novembro de 2011). "S 56" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 6 de marzo de 2012. 
  7. M. Roemer (1967). "Geomagnetic activity effect derived from Explorer 9 drag data". Philosophical Transactions of the Royal Society of London. Series A, Mathematical and Physical Sciences 262: 24. Consultado o 6 de marzo de 2012. 
  8. Jacchia, L. G.; Slowey, J. (1963). "A Analysis of the Atmospheric Drag of the Explorer IX Satellite from Precisely Reduced Photographic Observations". SAO Special Report (125). Consultado o 6 de marzo de 2012. 
  9. Priester, W., Roemer, M., & Volland, H. (28 de febreiro de 1967). "The Physical Behavior of the Upper Atmosphere deduced from Satellite Drag Data". Space Science Reviews 6 (6): 707–780. Consultado o 6 de marzo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]