Explorer 33

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Explorer 33 / IMP-D / AIMP-D / AIMP-1
IMP-D.jpg
Maqueta de IMP-D.
Tipo Científico
Organización NASA
Data de lanzamento 1 de xullo de 1966, 16:02 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Delta E[2][5]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6]
Obxectivo da misión Estudo do medio interplanetario.[2][6]
NSSDC ID 1966-058A
Masa 212,0 kg[5]

Explorer 33, tamén coñecido como IMP-D (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform D) e como AIMP-1 (Anchored Interplanetary Monitoring Platform 1), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 1 de xullo de 1966 mediante un foguete Delta E desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Explorer 33 foi estudar o plasma interplanetario, as partículas enerxéticas cargadas, os campos magnéticos e os raios X solares a distancias lunares.[6][5][2]

A nave estabilizábazase mediante xiro, cun período de entre 2,2 e 3,6 segundos e co eixo de xiro perpendicular ó plano da eclíptica. Explorer 33 foi inxectado nunha órbita inicial de 435.425 km de apoxeo e 15.900 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 28,69 graos e un período de 8540,0 minutos. Nos cinco anos de duración da misión tanto o perixeo como a inclinación orbital variaron sustancialmente.[6][3][1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "EXPLORER 33 (AIMP-D)" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=2258. Consultado o 25 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Explorer 33" (en inglés). 27 de marzo de 2013. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1966-058A. Consultado o 25 de abril de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 19 September 1966 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (65-19401): 2. 5 de outubro de 1966. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=977. 
  4. "Explorer 33 / AIMP D" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1966.html#Explorer-33. Consultado o 25 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Explorer: IMP D, E (LAIMP 1, 2)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2013. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/explorer_imp-d.htm. Consultado o 25 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "IMP" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/imp.htm. Consultado o 25 de abril de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Explorer 33

Outros artigos[editar | editar a fonte]