Explorer 21

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Explorer 21 / IMP-B / IMP-2
Explorer 21 / IMP-B / IMP-2
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento4 de outubro de 1964, 3:45 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta C[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo do medio interplanetario.[2][6]
Decaemento30 de xaneiro de 1966[1]
NSSDC ID1964-060A
Masa135,0 kg[5]

Explorer 21, tamén coñecido como IMP-B ou IMP-2 (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform B ou 2), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 4 de outubro de 1964 mediante un foguete Delta C desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6][7][8]

Características[editar | editar a fonte]

Explorer 21 foi lanzado coa misión de estudar o medio interplanetario no relativo ós campos magnéticos, as partículas enerxéticas, os raios cósmicos e os plasmas. A alimentación eléctrica do satélite era proporcionada por paneis solares e baterías. A telemetría emitíase en refachos de 81,9 segundos de duración, contendo 795 bits de datos. Tras tres secuencias de datos transmitíanse 81,9 segundos de datos analóxicos do magnetómetro de vapor de rubidio.[2][5][6]

A nave foi insertada nunha órbita cun apoxeo moito menor (menos da metade) do esperado, limitando a utilidade dos datos que recolleu. Funcionou sen problemas durante os primeiros meses e logo intermitentemente ata o 13 de outubro de 1965 en que se perdeu todo contacto. IMP-B foi inxectado nunha órbita inicial de 95.590 km de apoxeo e 191 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 33,53 graos e un período de 2097,0 minutos. Reentrou na atmosfera o 30 de xaneiro de 1966.[1][3][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 21 (IMP-2)" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de marzo de 2013). "IMP-B" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2013. Consultado o 23 de abril de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 22 December 1964 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (64-28156): 2. 30 de decembro de 1964. Consultado o 24 de abril de 2019. }
  4. Claude Lafleur (2010). "Explorer 21 / IMP 2" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: IMP A, B, C" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "IMP" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2013. 
  7. "NASA'S YEAR" (PDF). 7 de xaneiro de 1965: 36. FLIGHT International. Consultado o 23 de abril de 2013. 
  8. "Explorer-21 Satellite Falls Far Short Of Orbital Goal". 5 de outubro de 1964: 8. The Palm Beach Post. Consultado o 23 de abril de 2013. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]