Experimento de Kennedy-Thorndike

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A experiencia de Kennedy-Thorndike, tamén chamada de estabelecemento experimental da relatividade do tempo, consistiu nunha versión modificada da experiencia de Michelson-Morley e serviu, polo seu resultado nulo, para axudar a falsear a teoría do éter. Foi levada a cabo pola primeira vez en 1932.

Nesta experiencia, o proxecto do interferómetro era diferente, onde un dos brazos cruzados do experimento orixinal era moito maior que o outro. Iso visaba tentar compensar o suposto efecto da contracción de Fitzgerald-Lorentz, hipótese ad hoc para explicar os resultados nulos da experiencia da Michelson-Morley. Ese suposto efecto só debería influenciar corpos materiais, e serviu de base para as teorías que colocaban os elétrons e prótons como tendo masa de natureza puramente electromagnética, tales como a teoría de Lorentz sobre o asunto.

Sendo un dos brazos do interferómetro moito maior en lonxitude que o outro, estarían suxeitos a diferentes velocidades rotacionais da Terra. Así, estarían suxeitos a diferentes contraccións de Fitzgerald-Lorentz. Tal construción poría en evidencia o arraste de éter que non se pode medir na experiencia de Michelson-Morley. Con todo, máis unha vez os resultados foron nulos, reforzando así a teoría da relatividade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kennedy, R. j. and Thorndike, E. M. (1932). Experimental Establishment of the Relativity of Time. Phys. Rev. 42, 400.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.