Experimento da prisión de Stanford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O experimento da prisión de Stanford é un coñecido estudo psicolóxico da resposta humana á catividade, en particular das circunstancias reais da vida en prisión e dos efectos dos roles sociais impostos na conduta.

Características[editar | editar a fonte]

Foi levado a cabo en 1971 por un equipo de investigadores liderado por Philip Zimbardo da Universidade de Stanford. Recrutáronse voluntarios que desempeñarían os roles de gardas e prisioneiros nunha prisión ficticia. Con todo, o experimento fóiselles pronto das mans e cancelouse na primeira semana. As preocupacións éticas que envolven os experimentos famosos a miúdo establecen comparacións co experimento de Milgram, que foi levado a cabo en 1963 na Universidade de Yale por Stanley Milgram, un antigo amigo de Zimbardo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]