Exos (foguete sonda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exos / PWN-4A
país de orixeEstados Unidos[1]
Tamaño
altura12,94 m[1]
diámetro58,2 cm máximo[1]
masa2600 kg[1]
Etapas3[1]
Lanzamento históricos
EstadoRetirado[1]
exitosos9[1]
editar datos en Wikidata ]


Exos, tamén coñecido coa denominación PWN-4A, foi un foguete sonda estadounidense de propelente sólido desenvolvido a finais dos anos 1950 e formado por tres etapas: unha primeira etapa M-6, unha segunda Nike e unha terceira Recruit.[1]

Exos foi desenvolvido pola Universidade de Míchigan baixo contrato co Centro para a Investigación da Forza Aérea en Cambridge (AFCRC). As tres aletas orixinais da primeira etapa Nike tiveron que ser substituídas por catro. O foguete engalaba desde un raíl lanzador, coa primeira etapa funcionando un total de 4,4 segundos antes da separación co resto do foguete por rozamento atmosférico. Tras 25 segundos de voo por inercia, a segunda etapa encendíase durante tres segundos para separarse da terceira etapa, que se encendía case inmediatamente para funcionar durante 1,6 segundos. A terceira etapa, xunto cunha carga útil de ata 23 kg, elevábanse ata 480 km de altura. O obxectivo dos Exos era principalmente investigar a ionosfera.[1]

Lanzáronse dez Exos en total entre o 26 de xuño de 1958 e o 2 de novembro de 1965, cun único fallo, o 19 de febreiro de 1960.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 Mark Wade (2011). "Exos" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2013.