Exército de Liberación de Presevo, Medvedja e Bujanovac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Exército de Liberación de Preševo, Medvedja e Bujanovac (en albanés: Ushtria Çlirimtare e Preshevës, Medvegjës dhe Bujanocit, UCPMB) foi un grupo guerrilleiro, activo entre 1999 e 2001, que loitou pola independencia de Serbia (daquela, na República Federal de Iugoslavia) dos municipios de Preševo, Bujanovac e Medveđa, onde vivían a maioría dos albaneses da Serbia central, adxacente a Kosovo, no Conflito do sur de Serbia ou Conflito do Val de Preševo.[1] Os uniformes, procedementos e tácticas do UCPMB eran iguais que as do disolvido Exército de Liberación de Kosovo (UÇK). O obxectivo do UCPMB era a secesión destes tres municipios de Iugoslavia e unilos ao futuro Kosovo.

Notas[editar | editar a fonte]