Evento de Vitim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Irkutsk oblast with Vitim bolide impact site.png

O evento de Vitim foi unha explosión aérea de moi alta potencia ocorrida en Siberia o 25 de setembro de 2002 e que chegou a ser detectado polos satélites de alerta temperá. Na mesma zona, cen anos antes, producírase o chamado evento de Tunguska.

Foi unha explosión de medio quilotón onde se acharon importantes cantidades de actividade radioactiva residual en forma de tritio e isótopos radioactivos de cobalto e cesio. Un avión de transporte Antonov An-2 que voaba na área estampouse por causas descoñecidas. Tamén se observaron auroras boreais e enfermidades asociadas á radiación.

Tanta similitude cunha explosión nuclear resultaba estraña para as autoridades rusas, que estudaron o fenómeno a fondo nas expedicións VITIM-2003 e VITIM-2005. Polo momento pénsase que se tratou do núcleo dun cometa pequeno composto de metais pesados que entraron en fisión ó penetrar na atmosfera terrestre. Ó igual que no evento do Mediterráneo Oriental, este obxecto tampouco foi detectado durante a súa aproximación á Terra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]