Evaristo Martín Freire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Evaristo Martín Freire
Nacemento29 de xuño de 1904
Lugar de nacementoPiedrabuena
Falecemento17 de agosto de 1972
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Central
Ocupaciónfarmacéutico e político
PremiosGran Cruz da Orde de Cisneros
editar datos en Wikidata ]

Evaristo Martín Freire, nado en Piedrabuena (Cidade Real) o 29 de xuño de 1904 e finado en Madrid o 17 de agosto de 1972, foi un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia de alcaldes e grandes propietarios agrícolas e gandeiros, licenciouse en Farmacia na Universidade Central de Madrid en 1919 e doutorouse no mesmo centro en 1926. Á súa volta a Cidade Real, mercou unha farmacia que era o centro da vida política da cidade[1]

En 1931 comeza a militar no Partido Agrario Español, que despois formaría parte da CEDA. En 1936, cando estoura a Guerra civil española atópase en Portugal nunhas vacacións, e as súas propiedades en Cidade Real son incautadas pola República. Evaristo Martín alístase como voluntario no exército de Francisco Franco e ao rematar a contenda regresa a Cidade Real onde se incorpora á dirección provincial de Falanxe Española. En 1943 accede á presidencia da Deputación de Cidade Real, o que lle permite ser ademais procurador en Cortes. Ocupa este cargo durante oito anos ata que é destinado como gobernador civil ás Palmas. En 1954 trasládano a Alacant e finalmente en 1958 convértese en gobernador civil da Coruña.

Durante os oito anos que estivo de gobernador coruñés, Martín Freire promoveu a concentración parcelaria e instalouse na Coruña a refinaría de Petronor (actual Repsol). En 1966 Manuel Fraga lévao canda el para a estrutura administrativa do Ministerio de Información e Turismo. Logo da substitución de Fraga por Alfredo Sánchez Bella en 1969, presentou a súa dimisión (1972), e meses despois faleceu.

Notas[editar | editar a fonte]