Eva Perales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eva Perales
Nacemento1973
Lugar de nacementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, produtora musical e compositora
editar datos en Wikidata ]

Eva Perales Hervella, nada en Barcelona en 1973, é unha xornalista e produtora musical galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia da Pobra de Trives emigrada en Cataluña, licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona. Comeza a traballar de xornalista en Radio Nacional de España, nun magazine presentado por Pepa Fernández, e posteriormente dirixe e presenta un programa musical sobre folc e música étnica en RNE Cataluña, chamado Sense fronteres (Sen fronteiras).

Posteriormente dedicouse á promoción de eventos musicais e grandes espectáculos, e en 1999 instálase en Madrid para dedicarse á produción musical, organizando concertos e xiras por España de artistas de sona internacional. É a representante do grupo español de pop El Canto del loco. En 2006, sen deixar a súa faceta como produtora, regresa á radio para presentar un programa musical en Radio Círculo e en 2007 participa como xurado no programa de televisión Factor X, para Cuatro. En 2009 faise cargo dun proxecto de distribución musical para empresa tecnolóxica galega Blusens. Dende 2015 é xurado do talent-show da TVG Oh Happy Day.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]